1. Primeiros pasos. Bicicleta con rodiñas.

1. Primeiros pasos. Bicicleta con rodiñas.

Última actualización de en Nuria Recouso

O meu proceso de aprendizaxe poderíase comparar co proceso que se ten á hora de aprender a andar en bicicleta, ou polo menos similar á miña experiencia coas bicicletas. Así a materia presentóuseme como cando ves por primeira vez unha bicicleta, que desexas andar nela pero aínda non sabes como se fai. Polo tanto, os primeiros pasos ca bici, fanse normalmente con unha bicicleta que ten rodiñas na parte de atrás, para que manteñas o equilibrio. Esas "rodiñas" eran as actividades que facíamos nas clases interactivas, onde a profesora nos axudaba dándonos os temas para publicar no blog. 

Collín a "bicicleta" con moita ilusión, desexaba aprender a andar ben en bicicleta e poder facer piruetas, pero todo en todo proceso de aprendizaxe, se require de práctica, constancia e paciencia, para que todo vaia sobre rodas. Nesta etapa da miña aprendizaxe non faltaban ganas pero si constancia e pouca práctica, como se pode ver no tempo que existe entre post e post. De todas formas, aquí foi onde aprendín o básico para andar na bicicleta, só me faltaba conducila, é dicir, sabía como funcionaba Stellae pero faltábame publicar máis para mellorar o meu proceso de aprendizaxe. Esta etapa podería dicir que remata coa primeira autoavaliación, pois é cando se detectaron os primeiros déficits no meu proceso de aprendizaxe.

                                               primeiros pasos, bici