6. Chegamos ao final!

6. Chegamos ao final!

Última actualización de en Lucía Rico

Nas últimas sesións fun consciente da importancia de crear un espazo de traballo aberto entre profesorado e alumnado, no que se estableza unha relación horizontal de intercambio de información e de contidos.

Neste punto destacaría a importancia dos PLE (Personal Learning Environment), un conxunto de elementos tales como actividades e fontes de información que son empregados para a xestión da aprendizaxe persoal. Podería decirse que os PLE son unha forma de aprender mediante as TIC, por isto considero que é moi importante que a figura do pedagogo traballe nesta liña. Aquí poderíamos enmarcar de novo a competencia dixital, xa que o PLE require dun uso eficitente das tecnoloxías.

Dentro dos PLE, estaría tamén enmarcado o PLN (Personal Learning Network), que fai referencia á rede de persoas  coas que nos mantemos en contacto e intercambiamos información.

Neste momento comprendín que a educación debe ter en conta estas redes de aprendizaxe, para camiñar á par de dos avances, situándose nesa realidade na que nos atopamos, onde hai todo un entorno tecnolóxico arredor da aprendizaxe do alumnado.