2.1.1. Os primeiros chanzos... e un alto no camiño

Primeiramente, durante o mes de febreiro realicei, aproximadamente, un post por semana, tratando exclusivamente temas falados na aula sobre os cales me resultaba interesante buscar información complementaria ou comentar o realizado durante a clase. A miña reflexión nestas primeiras incorporacións remitíanse a establecer, ao final de cada post, unha breve conclusión persoal sobre o exposto. A pesar de existir certa relación entre eles, non a establecía claramente nos mesmos, e a miña interacción coas demais compañeiras e compañeiros era escasa.

Porén, durante esta etapa inicial antes do período de prácticas, creo que elaborei post interesantes e que, persoalmente, me serviron para ir delineando a miña visión sobre a materia e para observar o contexto escolar dende unha mirada tecnolóxica. Así mesmo, fixei aqueles coñecementos que me serviron de base para afincar todos os demais, con conceptos como “sociedade rede”, “cultura da participación” ou a relación entre tecnoloxía e innovación.