1. Primeiras impresións e toma de contacto.

1. Primeiras impresións e toma de contacto.

Última actualización de en Laura

Co comezo dun novo cuatrimestre sempre xorden ilusións e ganas de coñecer as novas materias e todo que abarcan. Con esta materia os sentimentos mezclaronse ao coñecer o metodoloxía que se ía levar a cabo; non por saírse do tradicional e do común: apuntes-estudar-exame, xa que isto foi das cousas que máis me chamou a atención xunto coa proposta da mestra de potenciar o pensamento crítico, senón polo feito de manter unha conta activa onde se ían a traballar os conceptos tratados na clase en relación coa tecnoloxía: o coñecemento que tiña sobre a Tecnoloxía Educativa era moi básico. Ademais, a conta que tiñamos que empregar estaba nunha rede social totalmente descoñecida e a través da cal se nos ía avaliar. Pero tocábanos darlle un voto de confianza a innovación e a tecnoloxía.. e comezamos coa aventura...