2. Coñecendo novos conceptos

2. Coñecendo novos conceptos

Última actualización de en Laura

Comezamos abordando os conceptos máis básicos para introducirnos na materia, tanto nas clases expositivas como nas interactivas, as cales se realizaban de forma moi dinámica e participativa para todos. A tecnoloxía, as competencias dixitais ou a Sociedade do Coñecemento foron as temáticas protagonistas e das que se partiron, nas primeiras semanas, para a adquisición das competencias máis básicas da materia. A partir de aquí, a miña participación no blog non foi moi activa dado a indecisión sobre que temas traballar e comentar así como a miña propia desconfianza a sobre que e como escribir. Pese a isto, neste primeiro intento aprendín a empregar novos recursos e a ver a importancia da tecnoloxía na educación actual e futura.