Recopilación dos temas abordados.

Comezo…

Fai exactamente 94 días, subin a primeira entrada o blog. Non tiña moita afinidade coas novas tecnoloxías, as redes sociais e tampouco sabía sobre que temas escribir na rede social de clase polo que  comecei subindo un archivo sobre o que eu entendía por Tecnoloxía Educativa, o cal é anecdótico en comparación co inmenso mundo que se esconde detrás da pantalla do noso ordenador. Polo momento este debuxo era o que máis me aclaraba o significado da materia.

Descripción gráfica de Tecnoloxía Educativa

 

Nas primeiras clases de Tecnoloxía Educativa vimos aspectos básicos e xerais en relación a materia como:

Internet que é un conxunto descentralizado de redes de comunicación interconectadas que utilizan a familia de protocolos TCP/IP, garantizando que as redes físicas heteroxéneas que a compoñen funcionen como unha rede lóxica única, de alcance mundial. A primeira conexión a internet realizouse en 1969 entre tres univesridades de California e unha en Utah, EEUU.

Mapa de internet

 

Esta imaxe representa un mapa de internet. Nel vemos unha serie de puntos, ou centralitas onde chagan gran partes de sinais, os lazos de unión entre elas que coforman a rede, e por útlimo, espazos vacíos onde non hai internet pola tanto hai unha Brecha Dixital.

 

Tecnoloxía Educativa

Días máis tarde poñía no blog: Tras estos poucos días de clase, concivo a Tecnoloxía Educativa como o conxunto de instrumentos que utilizamos para favorecer o proceso de ensino-aprendizaxe. Esta tecnoloxía existe desde que existe educación solo que varía en función da época ou contexto no que se enmarque."

Xa comprendía o concepto e o ámbito no que se enmarcaba, relacionando así a tecnoloxía coas prácticas que realizara no Mupega onde se exponen tamén un gran número de tecnoloxía educativa de séculos anteriores, ata a pizarra dixital dos nosos días.

Naquel momento e baixo a miña ignorancia, vía as novas tecnoloxías como algo que nos facía vagos e pasivos. Agora penso que ainda que nalgunas persoas teña este efecto negativo, o positivo supera con creces este aspecto.

Vexo as novas teconoloxías como motivadoras do aprendizaxe persoal, da construcción do noso propio coñecemento, e xeradora de inquietudes e preguntas que fai que indaguemos sobre moitos ámbitos. Tendo así un efecto estimulante e non de pasividade.

 

 

preguntas referentes a teconoloxía educativa

Máis tarde abordamos una serie de preguntas que sentaron as bases dos traballos grupais: no meu caso a investigación levada a cabo foi Tecnoloxía Educativa e Formación do Profesorado.


Es el momento de aprovechar la tecnología para transformar la educación..

Despois de adentrarme no concepto de Tecnoloxía Educativa, falamos en clase sobre a Brecha Dixital e a diferencia socioeconómica que existe entre rexións con acceso a internet e as que non teñen, sendo polo tanto un indicador económico que reflexa o benestar dunha sociedade. Mediante a noticia "Es el momento de aprovechar la tecnología para transformar la educación" pretendía reflexar algunhas das propostas que se están levando a cabo.


 

Sen embargo estas primeiras entradas non foron suficiente para plasmar a actividade que estábamos a realizar en clase e tras a primeira valoración, tivenme que poñer as pilas!!

 

Aquí comeza a miña andaina pola Tecnoloxía Educativa, con maior motivación, dedicación e mellores resultados…

Tiven que retomar o proceso desde o principio polo que subín un archivo sobre un concepto xeral. O noso punto de partida na Tecnoloxía Educativa, a Alfabetización Dixital. 

A Alfabetización Dixital é a habilidade para localizar, organizar, entender, evaluar e analizar información utilizando a tecnoloxía dixital. Gracias a esta competencia, as persoas alfabetizadas dixitalmente poden comunicarse e traballar mais eficientemente.

Os aspectos fundamentais e ámbitos que abarca resúmense nesta táboa:

Alfabetización dixital




Códigos QR

Comecei a partir do blog de Ariana co meu interese sobre a Realidade Aumentada (RA).

 A RA é a visión directa ou indirecta que se produce mediante a combinación de elementos físicos xa existentes e elementos virtuais nun entorno físico para a creación dunha realidade mixta a tempo real.

O que me levou os Códigos QR, que son o soporte físico ou almacenador de información que permite acceder a información exclusiva situando a webcam ou a cámara do teléfono móvil enfrente do código.

Neste video de youtube dáse a explicación paso a paso de cómo facelo:

 

 WebQuest

A miña seguinte parada son as WebQuest.

Según March, "Una Webquest es una estructura de aprendizaje guiada que utiliza enlaces a recursos esenciales en la Web y una tarea auténtica para motivar la investigación por parte de los alumnos de: una pregunta central, con un final abierto; el desarrollo de su conocimiento individual y la participación en un proceso final en grupo con la intención de transformar la información recién adquirida en un conocimiento más sofisticado. Las mejores Webquests hacen esto de una forma que inspira a los alumnos a ver relaciones temáticas más enriquecedoras, facilitan la contribución al mundo real del aprendizaje y reflexionan en sus propios procesos metacognitivos". (March, 2003 en Pérez, M. 2006:234).

As partes das que se fundamenta a Webquest son as seguintes:

WebQuest

 

Para March, o propio creador destas unididades didácticas da web,  unha das WebQuest mellor estructuradas en canto a forma e contido é a Webquest Hello Dolly.

Persoalmente, vexo as webquest como unidades didácticas interactivas das que podes exprimir todo os coñecementos que necesites para chegar a meta que son os resultados ou conclusións acadados, é dicir, a dúbida que queríamos responder. Penso que é fundamental marcar esa meta, saber PARA QUÉ se fai o que se fai, ter unha motivación ou incentivo para a mellor adquisición de coñecemento e para saber aplicalo a futuras preguntas.

 

 Día de Internet e Día das Letras Galegas!

17 de mayo Día de Internet!

O 17 de maio e coincidindo co Día de Internet e o Día das Letras Galegas, publiquei una entrada no que citaba algunha aportación galega que se fixera ás novas tecnoloxías do cal destaquei Picto DroidLite.

Picto DroidLite é unha aplicación para iphone e android que forma parte do proxecto Accegal onde un equipo de enxeñeiros de Vigo e pedagogos do Colexio López Navalón de Santiago de Compostela  traballan xuntos para elaborar unha aplicación que mellora a comunicación de persoas con diversidades funcionais e cognitivas.

 

Picto Droid Lite

Como me pareceu moi interesante esta aplicación ademáis de próxima, fixen una entrada o blog centrada só na Explicación de PictoDroid Lite, onde expoño máis detalladamente o seu uso, os coordinadores do proxecto, e as utilidades que ofrece.

Cabe decir que dende o Proxecto Accegal traballan constantemente para mellorar esta aplicación a cal xa pasou por diferentes versións ata chegar a 2.0. Como cito nesta entrada de blog, penso que fan unha labor cooperativa extraordinaria os enxeñeiros e pedagogos chegando a un diálogo que da pe a este proxecto no que axundan a mellorar a comunicación de persoas con diversidades funcionais. E como vemos, este é un claro exemplo dos ámbitos que actualmente a tecnoloxía abre os pedagogos, lugares onde somos imprescindible e que sin unha competencia dixital axeitada non podemos acceder.

A continuación deixo un video sobre a instalación e utilización de PictoDroid Lite:

 

 

Brecha digital

Por outra banda, quixen retomar o tema de Brecha Digital do que falara anteriormente pero con pouca profundidade. Isto xurdiu a partir dunha noticia que vin no periódico El País titulada “El acceso a Internet por el móvil, principal brecha digital de género”.

El acceso a Internet por el móvil, principal brecha digital de género

 

Vendo este mapa no que os puntos vermellos simulan o maior acceso e utilización de internet degradándose esta cor ata o amarelo así como se degrada o uso da rede mundial...

¿Qué relación económica gardan? ¿Por qué se corresponden os puntos vermellos cos países máis desenvolvidos, e porque non hai puntos nos países do terceiro mundo? ¿Os puntos vermellos representan a maioría ou son unha selecta minoría? ¿Que papel xoga a educación e a alfabetización dixital neste marco?

Brecha Digital

Na entrada do blog intento dar resposta a todas esta preguntas e máis que me formulei ó ver este mapa.

Ademais redefinin o concepto que tiña de brecha dixital: “Por brecha dixital entendemos unha exclusión ou carencia tanto de persoas, como rexións, ou países das vantaxes e oportunidades asociadas ó uso das novas tecnoloxías e TIC. Así entendemos por este concepto unha distancia ou falta de accesibilidade que sufren persoas, empresas, e outras institucións ó uso e manexo de información e as tecnoloxias da comunicación.”

 

A máquina de Skinner

Vendo un blog sobre a HIstoria da Tecnoloxía Educativa da profesora, Adriana; indaguei sobre a Maquina de Ensinanza de Skinner fundamentada no conductismo onde o alumno sabía instantáneamente os erros que cometía no desenvolvemento dunha actividade, e ademais tiña a ventaxa de que se adaptaba o seu ritmo polo que o aprendizaxe quedaba mellor asimilado.

Máquina de Aprendizaxe de Skinner

 Esta máquina trasladoume a miña época do instituto onde recordei o mal que se me daban as matemáticas e a metodoloxía errónea que empregaba o meu profesor cando me correxía os exercicios pero non me aclaraba persoalmente en que punto fallaba, creando unha desmotivación hacia a materia.

 

Doodle de Google

A miña seguinte entrada foi sobre o Doodle de Google en relación a clase na que citábamos un montón de palabras, marcadores, símbolos que víamos a diario cando nos conectábamos á rede e non sabíamos que eran. Pois ben, quixen saber como nacera a idea de integrar publicidade no logo de Google e que aplicación educativa se lle podía dar, sendo un rápido instrumento difusor de información.

Doodle de Barrio Sésamo

 

Conectivismo e PLE

A miña seguinte entrada ten relación co conectivismo e PLE.

O conectivismo é unha teoría de aprendizaxe que supón acoller as novas tecnoloxías na educación. Así o proceso de aprendizaxe fundamentase nas conexións que somos capaces de establecer cos demais e co entorno mediante as ferramentas que nos ofrece a web 2.0.

PLE (Personal Learning Enviroment) entornos personais de aprendizaxe. Son sistemas que permiten os alumnos tomar o control e a xestión do seu proceso de aprendizaxe.

Conectivismo e PLE

 

"O conductismo, o cognoscitismo e o constructivismo son as tres grandes teorías do aprendizaxe maís utilizadas na creación de ambientes instruccionais."

A web 2.0 ofrece as ferramentas necesarias para desenvolver actitivades de tipo conductista como as WebQuest, constructivista, como Edupunk (do it yourself) e congnoscitivista aportando a comprensión das cousas por medio da relación entre elas.  Polo tanto, o conectivismo contempla estos tres enfoques e permite o intercambio de conclusións acadadas mediante a interacción dos individuos, creando así o teu propio entorno de aprendizaxe (PLE)

 

Edupunk

Outra forma de aprendizaxe na rede é Edupunk.

Manifiesto Edupunk

 

Edupunk é un neoloxismo, unha corrente que se basa na premisa Do it yourself (fágao vostede mesmo). Consiste na creación dunha plataforma virtual educativa para universidades. Non ten caráter comercial se non que é aberta e gratuíta, ademais de fácil manexo e baixo custe.

En resposta ó monopolio de Blackboard e coa entrada da web 2.0, Groom idea unha plataforma aberta e gratuíta onde os propios invidividuos poden crear e personalizar as plataformas educativas en función das súas necesidades.

 



Aquí vemos o creador de Edupunk, Jim Groom, ensinando os puños onde leva escrito as letras do seu proxecto.


E-learning. Rol do pedagogo.

O e-learning é unha simplificación do termo Electronic Learning. Consiste na educación e capacitación a través de internet. Este tipo de aprendizaxe on-line permite a interacción do usuario cas ferramentas informáticas.


Este esquema representa o proceso que se desenvolve no e-learning así como o rol de pedagogo neste tipo de ensinanza online.


Modelo pedagóxico de aprendizaxes virtuais.

Como vemos neste esquema o rol do pedagogo é o de acompañante, e o encargado de realizar a evaluación permanete, o autocontrol e o deseño pertinente do plan ou proceso de ensino-aprendizaxe.

Ventaxas do e-learning:

- Flexibilidade total no horario de estudio

- Utilización de recursos de comunicación telemática

- Actividade conxunta dun gran número de participantes

- Rápida e contínua actualización dos contidos

- O alumno relacionase con docente e con outros alumnos

- Presentación da información en diferentes soportes: audio, video

- O docente pode facer un seguimento exhaustivo do alumno

- O aulmno convírtese no xestor do seu propio proceso de aprendizaxe.

Inconvinte do e-learning:

- Díficil control sobre o análise crítico da información

- Falta de coherencia pedagóxica para estructurar os contidos

- Dificultase a retroalimentación que aporta a comunicación non verbal

- Necesidade  do alumno de ter unha alfabetización dixital previa.


Competencias Dixitais

O principio do archivo, denominada a alfabetización dixital, como punto de partida para acadar as competencias dixitais.

Por iso, este é o blog que conclúe este portafolio.

As competencias dixitais son a capacidade de utilizar o coñecemento e as destrezas relacionadas o desenvolvemento de elementos e procesos; facendo uso destes coñecementos, habilidades e aptitudes que permiten utilizar dunha maneira eficaz e eficiente os instrumentos e recursos tecnolóxicos.

Estándares eduacativos en competencias dixitais, o que o alumno debe saber e debe ser capaz de facer (ISTE):


- Creatividade e innovación

- Comunicación e colaboración

- Investigación e fluidez investigadora

- Pensamento crítico resolución de problemas e toma de decisións

- Cidadanía dixital

- Funcionamento da tecnoloxía e conceptos

 

  Competencias Dixitais


Como futuros pedagogos e profesionais da educación debemos ir cos tempos que vivimos para ofrecer unha educación de calidade e innovación. Por este motivo, é imprencindible que academos unha serie de competencias dixitais.

Como nativos dixitais que somos, esa primeira fase de alfabetización dixital xa a temos máis que superada por iso debemos avanzar hacia o logro de maiores coñecementos que fagan eficaz a nosa práctica pedagóxica. A Tecnoloxía Educativa foi unha ferramenta que sentou as bases do noso coñecemento pero isto non queda aquí, agora tocanos a nóa proseguir este camiño cheo de incertidume e adversidades pero con unha gran satisfacción de aprender cada día cousas novas.


Con que me quedo?? Con unha enorme Nube de Tags sobre Tecnoloxía Educativa!!

Nube de tags sobre Tecnología Educativa