UNHA ANDAINA PARTICULAR, UN CAMIÑO PERCORRIDO

Xa por alá no mes de marzo deu comezo a miña andaina formativa da man da materia Tecnoloxía Educativa. Dende a primeira toma de contacto con ela, decateime de que o traballo a desenvolver non ía ser o de sempre, pois non estaría limitado a mera exposición do temario por parte da profesora Adriana, responsable da mesma, ou a elaboración de diversos traballos realizados polos alumnos/as e, nin tan sequera o medio de traballo sería o convencional, senón que ía máis alá das paredes da aula, xa que o obxectivo principal da materia estaba encamiñado a que, baixo as orientacións e asesoramento de Adriana, cada un de nós fosemos quen de construír o noso propio proceso de aprendizaxe a partires da elaboración un e-portafolio individual realizado baixo unha nova plataforma virtual de traballo como é a rede social STELLAE.

e-portafolio.jpg

Nun primeiro intre, ante todas estas novidades, o meu desconcerto foi máximo, pois a nova metodoloxía de traballo implicaba un nova ferramenta de aprendizaxe, un novo medio de traballo, un novo plantexamento da tarefa ademais dun novo xeito de avaliación, pois agora xa non se faría a través do método convencional referido á unha proba escrita ó final do curso, senón que a valoración de cada quen xiraría en torno o novo espazo de traballo persoal, ó cal se deben incorporar as evidencias particulares do proceso de aprendizaxe levado a cabo, é dicir, xa non só seríamos simples receptores de contidos e informacións senón que nos mesmos deberiamos converternos en produtores do coñecemento propio relativo á tecnoloxía aplicada á educación.

Así, debo recoñecer que o feito de confeccionar un blog a través dunha rede social non me agradaba moito, pois aínda que manexo e emprego habitualmente as redes sociais, nunca antes o fixera cunha intencionalidade educativa nin como instrumento para aprender e compartir contidos, polo que o temor ó descoñecido, a incertidume e o sentirme incapaz de construír un proceso propio de aprendizaxe foron imperantes en min, tanto foi así que isto quedou ben reflexado na primeira avaliación do e-portafolio a cal admito foi francamente deficiente, porque a confusión, o non saber por onde comezar nin que facer para remedialo unido ás miñas malas experiencias coa tecnoloxía fixeron que practicamente dese a impresión de que me dera por vencida e abandonara o traballo.

Pero isto non foi así, e logo, moi de vagar e seguindo os consellos de Adriana, o meu desánimo deu lugar á confianza e á seguridade que precisaba para retomar o traballo coa máis absoluta normalidade, intentando recuperar o tempo perdido e mostrando un producto que realmente tivese valor e significado tanto para min mesma como para aqueles cos que o ía compartir.

Feita esta primeira valoración e logo de pasados tres meses dende que dese comezo esta materia, é tempo de reflexionar e valorar acerca do traballo levado a cabo e que mellor maneira de facelo que realizando un percorrido polos contidos máis reveladores así como os novidosos conceptos adquiridos ó longo do transcorrir das clases impartidas.

Entón, coa creación desta páxina pretendo examinar a miña labor expresada no portafolios para logo manifestar as conclusións oportunas en función do traballo realizado.

Intentei que o fío conductor deste estivese encamiñado a profundizar naqueles contidos que, logo de ser tratados nas clases, espertaron o meu interese e curiosidade por saber máis deles. Para elo, decidín estructurar o portafolios en dúas grandes partes relativas, dunha banda ás entradas ó blog xunto cos principais archivos subidos e incluíndo na outra o grupo de traballo de investigación, os tweets así como un listado dos meus favoritos.

A continuación, empezo xa referíndome a unha mostra das entradas reflexo do meus primeiros pasos á hora de construír o meu proceso de aprendizaxe: 

Nunha das miñas primeiras entradas decidín reflexionar acerca do concepto alfabetización, pois considero que é de especial importancia para comprender as grandes influencias que as novas tecnoloxías levan implícitas, pois supoñen novas formas de aprender, novas formas de comunicar e, polo tanto, requiren unha nova alfabetización en TICs. 

 

Alfabetización S. XXI

 

É asumido por todos/as o concepto de alfabetismo como a habilidade de interpretar letras escritas nunha folla de papel que, unidas, forman palabras que comunican un significado concreto, polo que se converteu en tarefa da educación ensinar os xóvenes a unir palabras para entender á vez que expresar ideas máis complexas.

 

Pero, actualmente xa non cabe dúbida de que a información que nos rodea non a recibimos somentes a través de palabras escritas en papel, senón que prácticamente se fai mediante imaxes e sons, coa utilización de novos recursos e ferramentas moi poderosas que deixan patente a existencia dunha nova cultura multimedia a cal fai que as novas alfabetizacións sexan necesarias na escola.

 

Aparentemente resulta bastante natural o proceso de dixitalización para os nenos/as de hoxe, pois xa naceron nesta cultura multimedia considerándose como nativos dixitais e contan con tecnoloxía ó alcance da súa man: teléfonos móbiles, ordenadores, redes sociais e demais. 

 

Pero aínda así é preciso que os rapaces/as de hoxe saiban desenvolverse nas súas vidas a través desta cultura multimedia, de feito que precisan ter unha fluidez para a lectura e a escritura da linguaxe das imaxes e sons, da mesma maneira como ata o dagora se lles ensinou a leer e escribir a linguaxe da comunicación impresa.

 

 Novas formas de aprender, novos códigos e linguaxes e as novas formas de comunicar insertánse na realidade que estamos a vivir, supoñendo un verdadeiro impacto na educación da man dunha completa revolución dixital

 

Logo a seguinte entrada que quero destacar é a referida ó e-learning, pois supuxo un novedoso concepto para min    e ademais, dalgún xeito nós mesmos estamos vivindo un proceso de formación en rede. 

e-learning

Nesta entrada, vou a prestarlle especial atención o concepto e-learning traballado ó longo das últimas clases, e a tódalas súas variantes no que a súa denominación se refire para chegar a unha definición do mesmo.

Neste senso, existen numerosas definicións acerca do termo, debido fundamentalmente a que os actores que del fan uso son moi diversos cada un coas súas singularidades e o seu ámbito de aplicación.

Así, dende a perspectiva da súa concepción e desenvolvemento como ferramenta formativa, os sistemas e-learning, teñen unha dualidade pedagóxica e tecnolóxica. Pedagóxica en canto a que ditos sistemas non deben ser meros contedores de información dixital, senón que tal información debe ser transmitida seguindo uns modelos e patróns pedagoxicamente definidos para afrontar os retos destos novos contextos. Tecnolóxica, xa que o proceso de ensinanza-aprendizaxe susténtase en aplicación software, principalmente desenvoltas en ambientes web, o que lle dá a estes sistemas o sobrenome de plataformas de formación.

Aínda así os autores que traballan sobre isto (véxase Cabero et all, 2004), coinciden en afirmar que e-learning é un modelo de formación a distancia o cal emprega Internet como ferramenta de aprendizaxe, pois cun ordenador e cunha conexión a Internet, o alumno realiza as actividades interactivas plantexadas, accede a toda a información necesaria para adquirir coñecemento, o alumno/a recibe axuda do profesorado, podéndose comunicar co titor/a e cos seus compañeiros/as.

PERO QUE PODEMOS ENTENDER POR ESTE TIPO DE FORMACIÓN?

Ben, seguindo o artigo publicado na RUSC Bases psicopedagóxicas do e-learning polo catedrático Julio Cabero debemos coñecer, primeiramente, aqueles termos que se veñen utilizando para referirse ó termo: aprendizaxe en rede, aprendizaxe electrónico, aprendizaxe virtual, teleformación, teleducación entroutros.

Con todas elas referímonos á formación que emprega a rede como tecnoloxía de distribución da información, sexa a rede aberta (Internet) ou pechada (Intranet).

Nesta liña podemos entender a formación en rede como o desenvolvemento do proceso de formación a distancia reglada ou non reglada, baseado no uso das tecnoloxías da información e as telecomunicacións, que posibilitan unha aprendizaxe interactiva, flexible e accesible, a calquera receptor potencial, sobre todo aprobeitando os medios que ofrece a rede Internet.

Entón, tal definición permítenos expresar unha seria de descriptores sobre o concepto tales como: formación, a distancia, baseada en TICs e fundamentalmente apoiadas en Internet.

Agora ben CALES SON AS CARACTERÍSTICAS DISTINTIVAS DO TERMO?

As características podémolas analizar dende unha dobre óptica: dun lado, comparándoa coa ensinanza presencial tradicional, e por outro, presentando as propias características distintivas.

Botemos unha ollada entón as seguintes táboas que dan boa conta diso:

CARACTERÍSTICAS DA FORMACIÓN EN REDE -  FORMACIÓN PRESENCIAL

FORMACIÓN BASEADA NA REDE

FORMACIÓN PRESENCIAL TRADICIONAL

- Permite que os estudantes vaian ó seu propio ritmo de aprendizaxe.

- É unha formación baseada no concepto de formación no momento que se necesita (just in time training).

- Permite a combinación de diferentes medios e materiais auditivos, visuais e audiovisuais.

- Cunha soa aplicación pode atenderse a un maior número de estudantes.

- O coñecemento enténdese como un proceso activo de construcción.

- Tende a reducir o tempo de formación das persoas.

- Tende a ser interactiva tanto entre os participantes no proceso (profesor-estudante) como dos contidos.

- Tende a realizarse de forma individual.

- Pode empregarse no lugar de traballo e no tempo disponible por parte do estudante.

- É flexible.

- Existe pouca experiencia no seu uso.

- Non sempre se dispoñen dos recursos estructurais e organizativos para a súa posta en práctica.

Parte dunha base de coñecemento, e o estudante debe axustarse a esta.

- Os profesores determinan cando e como os estudantes recibirán os materiais formativos.

- Parte da base de que o suxeito percibe pasivamente o coñecemento para xerar actitudes innovadoras, críticas e investigadoras.

- Tende a apoiarse en materiais impresos e no profesor como fonte de presentación e estructuración da información.

- Tende a un modelo lineal de comunicación.

- A comunicación desenvólvese entre profesor-alumno.

- A ensinanza é preferiblemente grupal.

- A ensinanza desenvólvese nun tempo e momento e lugar concreto, cun tempo fixo e aulas específicas.

- Ten rixidez temporal.

- Existe moita experiencia no seu emprego.

- Dispóñense de numerosos recursos estructurais e organizativos para a súa posta en funcionamento.

FONTE: REVISTA DE UNIVERSIDADE E SOCIEDADE DO COÑECEMENTO (RUSC)

 

CARACTERÍSTICAS DA FORMACIÓN EN REDE

- Aprendizaxe mediado por ordenador.

- Uso de navegadores web para acceder á información.

- Conexión profesor-alumnos separados polo espazo-tempo.

- Utilización de diferentes ferramentas de comunicación

- Almacenaxe, mantemento e administración dos materiais sobre un servidor web.

- Aprendizaxe flexible.

- Aprendizaxe moi apoiado en titorías.

- Materiais dixitais.

- Aprendizaxe individualizado vs colaborativo.

- Aprendizaxe interactiva.

FONTE: REVISTA DE UNIVERSIDADE E SOCIEDADE DO COÑECEMENTO (RUSC)

Polo tanto, ben se podo dicir que a formación baseada na rede, tamén denominada e-learning refírese a unha modaliade formativa a distancia que se apoia na rede, e que facilita a comunicación entre profesor-alumno segundo o emprego de determinadas ferramentas de comunicación. (Cabero et al., 2004).

REFERENCIAS:

www.uoc.edu/rusc/3/1/dt/esp/cabero.html

http://www.slideshare.net/neohumano/e-learning-concepto-elementos-y-metodologa

http://www.e-abclearning.com/definicione-learning

 http://www3.usal.es/~teoriaeducacion/rev_numero_03/n3_art_garcia-garcia.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Aprendizaje_electr%C3%B3nico

 

Seguindo con isto, resalto tamén a seguinte entrada:

Formación en rede: vantaxes e inconvintes

Recuperando o dito sobre o novedoso concepto de e-learning, coido que é de especial importancia coñecer cales son as principais vantaxes e incovintes  da utilización do concepto para referirse formación en rede que, na súa maioría, veñen da man de especulacións na vez de investigación.

Vexamos entón o seguinte cadro onde se mostran pros e contras que presenta o concepto e o seu emprego, sabendo de antemán que algúns dos inconvintes expostos irán desaparecendo a medida que se vai adquirindo maior experiencia na súa utilización, e a súa presenza sex amáis usual no noso sistema educativo, namentres que outros seguirán manténdose.

 

VANTAXES

INCONVINTES

 

-          Pon a disposición dos alumnos/as un amplo volumen de información.

-          Facilita a actualización da información e dos contidos.

-          Flexibiliza a información, independentemente do espazo-tempo no cal se atopen docente e estudante.

-          Permite a deslocalización do coñecemento.

-          Facilita a autonomía do alumno/a.

-          Propicia unha información directa “xusto a tempo”

-          Ofrece ferramentas de comunicación para estudantes e profesores.

-          Favorece a formación multimedia.

-          Facilita unha formación grupal e colaborativa.

-          Favorece a interactividade en diferentes ámbitos: coa información, co profesorado e entre alumnos/as.

-          Facilita o emprego de materiais e obxectos de aprendizaxe en diferentes cursos.

-          Permite que, a actividade realizada polos estudantes, poida quedar rexistrada nos servidores.

-          Aforra custos e desprazamentos.

 

 

-          Require máis inversión de tempo por parte do profesorado.

-          Precisa unas mínimas competencias tecnolóxicas por parte do profesor e dos estudantes.

-          Require que os estudantes posúan habilidades para a aprendizaxe autónoma.

-          Require máis traballo que a formación convencional.

-          Pode diminuir a calidade da formación senón se dá a ratio profesor-alumno adecuada.

-          Atópase coa resistencia ó cambio do sistema tradicional.

-          Impón soidade e ausencia de referencias físicas.

-          Depende dunha conexión rápida a Internet.

-          Ten profesorado pouco formado.

-          Supón problemas de seguridade e autentificación por parte do alumno/a.

-          Prácticamente non existe experiencia na súa utilización.

-          Existe unha brecha dixital.

 

 

 

 

FONTE: www.uoc.edu/rusc/basespedagogicaselearning

Ademais en relación ó e-learning, empregei como fonte de traballo e apoio o seguinte archivo: 

As bases pedagóxicas do e-learning

Logo disto, considerei preciso pararme a indagar e por de manifesto outro novedoso concepto que á vez era o principal soporte de traballo da labor que viña desenvolvendo no meu portafolios: un Entorno Persoal de Aprendizaxe (PLE) e que sen lugar a dúbidas me serviu para as coñecer de que estamos a falar, sobre que estou traballando e que utilidades ten para as persoas que empregamos este novedoso de sistema de aprendizaxe autoxestionado polo propio alumno. 

Presento primeiramente, unha imaxe que mostra algúns dos elementos imprescindibles nun Entorno Persoal de Aprendizaxe:

Entornos Persoais de Aprendizaxe(PLE)

Agora mostro en sí, a entrada referida ó termo:

PLE (Entorno Persoal de Aprendizaxe)

Ó longo das clases de Tecnoloxía Educativa traballamos de primeira man nun Entorno Persoal de Aprendizaxe, máis coñecido polas súas siglas en inglés PLE (Personal Learning Environment).  

É un concepto relativamente novo á vez que implica unha metodoloxía de traballo nova ademais de innovadora e motivadora para os estudantes.

Remóntandome no tempo, as ideas básicas do PLE inspíranse no Conectivismo, a teoría da aprendizaxe formulada por  George Siemens e Stephen Downes  que defende que o ser humano adquire habilidades dixitais do mesmo modo que as redes, pola conexión de nodos ou fontes de información.

Agora ben, QUE É UN PLE?  Son sistemas que axudan ós estudantes a tomar o control e xestión do seu propio proceso de aprendizaxe, ou dito doutro xeito, un PLE é o conxunto de ferramentas, servizos e conexión que empregamos para alcanzar as diferentes metas vinculadas á adquisición de novas competencias.

Todo isto significa que nos PLE o estudante controla e xestiona a súa aprendizaxe para así lograr os seus propios obxectivos:

- Fixar obxectivos de aprendizaxe.

- Xestionar a súa aprendizaxe, os contidos e procesos.

Comunicarse con outros no proceso de aprendizaxe

Un PLE pode estar composto por un ou máis subsistemas. Así, pode tratarse dunha aplicación de escritorio ou ben estar formados de un ou varios servizos web.

Entón un PLE pode incluir a integración de episodias de aprendizaxe formais e informais nunha única experiencia, o emprego de redes sociais e a utilización de protocoles de rede: Peer-to-peer, servizos web, sindicación de contidos para conectar así recursos e sistemas nun entorno persoal e autoxestionado, é dicir, dentro dun espazo xestionado persoalmente.

Con isto, considero que un PLE supón unha infinidade de vantaxes de cara a propia aprendizaxe do estudante ademais dunha ferramenta de traballo  e un espazo de encontro para os alumnos/as que emprega os Entornos Persoais de Aprendizaxe como recurso para a Aprendizaxe Permanente.

De feito, aprender a través dun PLE permite dirixir o proceso de aprendizaxe, conectando información de diversas fontes, información que chega filtrada e comentada pola comunidade na cal se participa, tal e como sucede coa aprendizaxe informal.

Non cabe dúbida de que estamos diante dun termo novo pero que representa dende as súas orixes unha alternativa ós entornos de aprendizaxe tradicional, pois a diferencia das plataformas tradicionais que presentan un enfoque centrado na institución ou curso, os PLE céntranse no usuario, no propio estudante, que crea á vez que consume información e coñecemento para incorporar as súas aprendizaxes.

Os usos do PLE van dende a xestión do coñecemento doutros, como ferramenta de aula, ata a xestión o propio proceso de aprendizaxe.

En concreto, "potencia a conversación e a aprendizaxe social a través da Conectividade e da interactividade", o que supón un desenvolvemento profesional continuo e asegura novos horizontes de coñecemento ós estudantes, pola imprevisibilidade das conexións.

 

FONTES EMPREGADAS:

http://nanotice.blogspot.com.es/2011/07/que-es-un-ple-entorno-personal-de.html

http://tallerple.wordpress.com/2010/06/06/%C2%BFque-es-un%C2%A0ple/

http://es.wikipedia.org/wiki/Entorno_Personal_de_Aprendizaje

Ademais, existen outras plataformas de aprendizaxe que ata o momento descoñecía e que están en pleno auxe tal e como é DOKEOS a cal me referín na entrada que se presenta:

DOKEOS: plataforma de aprendizaxe

Esta nova entrada estará adicada a profundizar nun novo termo aprendido neste curso baixo a materia Tecnoloxía Educativa o cal chamou a miña atención por ser unha vez máis, algo descoñecido ata o momento.

Falo da plataforma de e-learning: DOKEOS

DOKEOS é un sistema de aprendizaxe virtual baseado na web, técnicamente coñecido como un LMS (Learning Management System) ou CMS (Content Management System) ou PLE (Persoal Learning Environment) onde os administradores poden incorporar contidos formativos para que o estudante poida aprender da maneira máis sinxela e amena posible calquera tipo de asignatura.  

Así, Dokeos permite deseñar, elaborar e implementar unha plataforma educativa que esté disponible as 24 horas do día con tódolos recursos necesarios para desempeñar cursos, xestionar, administrar así como avaliar de forma automatizada as leccións educativas.

 

Entón DOKEOS pode ser usado como:

-          Entorno de e-learning

-          Sistema de xestión para a aprendizaxe (LMS)

-          Sistema de xestión de contidos (CMS).

É software libre e está baixo a licencia GNU GPL (Licencia Pública General) e o desenvolvemento é internacional e colaborativo.

Pero isto non quere que só se poida empregar DOKEOS para o ámbito educativo en centros de estudo ou colexios, senón que calquera persoa que queira transferir coñecemento ós demais pode utilizalo. Falamos aquí de empresas ou entidades públicas ou privadas en ambos casos para a formación dos seus empregados así como para realizar cursos de formación sen a necesidade dunha persoa que lla ofreza.

Sen dúbida a característica máis destacada de dokeos é que é unha plataforma baseada na web e, polo tanto, convértese nunha ferramenta auténticamente flexible, pois os usuarios desta teñen a posibilidade de conectarse a ela dende prácticamente calquera lugar e momento do día.

Ademais mostra unha grande posibilidade pedagóxica que ofrece ó dar a oportunidade de compartir, organizar e discutir a información á vez que presenta posibilidades variadas de comunicación e permite traballar con múltiples aplicación (word, power point, excel).

Pero non todo ían ser vantaxes, senón que tamén revela inconvintes, pois que a aprendizaxe estea totalmente centrada no estudante en mans do alumno/a, supón a soidade na aprendizaxe e que a vontade de aprender se poida ver interrompida senón existe un axente motivador, neste caso, o profesor/a.

Particularmente coido que, ditos inconvintes prácticamente son inapreciables pois as numerosas ventaxas que ofrece este tipo de plataforma de aprendizaxe fan que se converte nun ferramenta eficaz e de grande utilidade para o estudante tomando como base as enormes posibilidades que nos ofrece a web. 

A continuación apoiome nesta imaxe para dar conta dalguhas das principais características do concepto:

DOKEOS: algunhas características da plataforma

 

 FONTES EMPREGADAS:

http://dokeosweb.com/caracterisiticas-de-dokeos.html

http://dokeosweb.com/inicio/37-presentacion/53-que-es-dokeos.html

http://es.wikipedia.org/wiki/Dokeos#Objetivos

http://adolfoagundez.metawiki.com/cap3

Logo xa profundicei en diversos conceptos que chamaron a miña atención, intentando indagar que sentido tiña o seu emprego pedagoxicamente falando. Exemplos representativos disto son as entradas correspondentes a: 

EDUPUNK - FÁGAO VOSTEDE MESMO

No trascorrir das últimas clases unha vez máis, un novo concepto chegou ós meus oídos: EDUPUNK, algo do que nunca antes escoitara falar e polo tanto tampouco tiña coñecemento del, feito que espertou a miña curiosidade porque querer saber de que estamos falando ó empregar este concepto.

Pois ben, foi a través de varias consultas de búsqueda pola rede e logo de ver as impresións dalgúns blogueros expertos en TICs aplicadas ó ámbito da educación sobre este novedoso termo, como cheguei a conclusión de que sen dúbida estamos falando dunha nova forma de entender o proceso de ensinanza-aprendizaxe, polo tanto unha nova ideoloxía ou filosofía relativa a E-A.

Non é fácil definir  EDUPUNK, pois é un concepto de recenté vida en Internet, pero que xa identifica unha serie de actitudes, comunidades e usos da tecnoloxía que son tan antigos como a propia Internet.  Tendo isto en conta pódese dicir, a grandes rasgos que, EDUPUNK é unha aproximación ás prácticas da ensinanza-aprendizaxe baseada nunha actitude “Fagao vostede mesmo”, polo que o termo en sí describe un tipo de ensinanza inventiva e aprendizaxe inventiva.

Tomando como referencia ó propio autor que acuñou o termo Jim Groow, o EDUPUNK está “centrado no estudante, na variedade de fontes, na inventiva, na creación par a par  máis que corporativamente”.

Disto extraio que, o papel do EDUPUNK debe ser que cada quen cree o seu propio proceso de aprendizaxe, empregando todos aqueles materiais que teñamos ó noso alcance, para avanzar así na construcción do propio coñecemento

Entendo entón que o EDUPUNK é unha filosofía de traballo e adquisición de aprendizaxe por parte do estudante en constante movemento, pois os coñecementos non son estáticos, senón que tamén evolucionan e se transforman co paso do tempo. Pero á vez EDUPUNK tamén é unha comunidade de xente colaborando entre pares para aprender e pensar por si mesmos, que emprega a tecnoloxía porque sen dúbida, é a mellor ferramenta para compartir, intercambiar e xerar coñecemento.

 Agora ben esta xa denominada filosofía de aprendizaxe, debe sustentarse nunha serie de principios que lle dean corpo e sentido. Isto aparece recollido no Manifesto EDUPUNK que a continuación expoño:

-          As clases son conversacións.

-          A relación é dinámica e a dinámica é relacional

-          Sexa hipertextual e multilineal, heteroxéneo e heterodoxo

-          Edupunk non é o que pasa na aula, é o mundo na aula

-          Sexa como o caminante...faga camiño ao andar

-          Sexa mediador e non medidor do coñecemento

-          Rómpase a cabeza para crear roles na súa comisión, cando os cree, rómpalles a cabeza

-          Os seus roles deben ser emerxentes, polivalentes, invisibles

-          Asuma o cambio, é só unha cuestión de actitude

-           Séntase parte dun traballo colectivo

-          Non sexa unha TV, interpele realmente os que o rodean

-          Expanda a súa mensaxe, faga estalar as catro paredes que o rodean

-          Mesture, copiese, apropiese, pescude, xogue, transfórmese, faga, derrapaxe

-          Ao carallo coa oposición real/virtual

-          Sen colaboración, a educación é unha ficción

-          Sexa un actor no seu ámbito, investigue a través da acción

-          Fágao vostede mismo...pero tamén e esencialmente, fágao con outros

-          Sexa Edupunk, destrúa estas regras, cree as súas e logo, destrúaas.

Persoalmente, unha vez sei do que estamos a falar co EDUPUNK non me cabe dúbida de que se trata dun novo escenario de traballo  e de aprendizaxe que dalgún xeito leva implícito o compromiso, esixencia e sobre todo a vontade por querer que os feitos e cousas cambien, se transformen e xeren un valor real para as persoas.

A través do EDUPUNK son as persoas as que deseñan, desenvolven e logo destrúen o seu propio proceso de aprendizaxe, exercendo así a liberdade de aprender, axudándose das ferramentas tecnolóxicas que o estudante considere necesarias, facendo que nazan novos roles tanto para a persoa que crea e comparte coñecemento, como para o profesorado, cando actúa como facilitador, consultou, moderador e inclusive como deseñador.

A confluencia de todos estes factores fan posible a aprendizaxe reflexiva, capaz de exercitar o propio pensamento crítico na vez de só limitarse a ensinarnos a xulgar e avaliar, polo tanto tamén axuda a desenvolver a capacidade creativa e imaxinativa.

Para min, aínda supón ser un concepto confuso, que chama o meu interese pero que, como sempre, o medo ó descoñecido fai que me sinta algo reticente a esta nova filosofía.

FONTES EMPREGADAS:

http://es.wikipedia.org/wiki/Edupunk

http://ticsunivo.blogspot.com.es/2011/03/edupunk.html

http://martinsantos.com.ar/2008/09/16/edupunk-profundizando/

http://educyweb20.blogspot.com.es/2010/07/que-es-el-edupunk.html

ou esta outra: 

WEBQUEST

Botando unha ollada polos archivos que seleccionei para o traballo de investigación grupal, decateime de que hai unha cuestión a que aínda non fixen referencia no blog e por este motivo quero prestarlle a atención nesta nova entrada as WEBQUEST!! Si, de novo, chega a min un novedoso concepto sobre o que poder indagar para profundizar nel e verlle utilidade práctica na realidade educativa.

Recordo que na aula traballamos sobre o concepto, buscamos información sobre o seu significado e mesmo vimos exemplos moi claros de webquests, (véxase a webquest máis coñecida, Holly Dolly clicando no seguinte enlace http://www.bioxeo.com/Hello_Dolly/index.htm), a través dos cales se pode ver a súa estructura e compoñentes fundamentais.

Retomando o dito ó comezo, o documento que empregarei para traballar sobre as WEBQUESTs leva por título: TICs en la Educación Universitaria elaborado por Robert Aldo Velásquez Huerta, diplomado en Docencia Universitaria.

Tal documento, foi seleccionado para tal fin polo mero feito de que, unha vez lido, axudoume a comprender claramente que son as webquests, pois indaga nas súas orixes e explica polo miúdo cales as súas características e elementos básicos.

Deixovos aquí o enlace ó documento: http://es.scribd.com/doc/3781654/TICs-Educacion-Universitaria#page=6

Dito isto e antes de comezar a indagar no termo, teño que facer referencia ó feito de que, hoxe en día, unha das actividades máis que frecuentes que todos/as realizamos en Internet é a búsqueda de información. Pero eu mesmamente podo dicir que estas búsquedas se poden convertir en desesperantes se non atopamos o que realmente buscamos e ademais poden levar moito tempo, sernos difíciles e mesmos frustrantes.

Agora ben, coido que esta cuestión pode verse resolta grazas o emprego das WEBQUEST, pois son un tipo de actividade de aprendizaxe que se leva a cabo con recursos que se atopan na rede, ou sexa, en Internet.

Así o seu obxectivo fundamental é lograr que os estudantes fagamos un bo uso do tempo asignado para unha actividade, investigando, seleccionando e analizando a información precisa para mellorar a comprensión sobre o tema da tarefa designada.

Facendo referencia ó documento, algunhas das definicións que nel se recollen  por diferentes autores son as seguintes:

Segundo Bernie Dodge (1995), o seu creador, WebQuest é: "unha actividade de indagación e investigación enfocada a que os alumnos obteñan toda ou a maior parte da información que van utilizar de recursos existentes en Internet. As WebQuests foron ideadas para que os alumnos fagan bo uso do tempo, priorizando a utilización da información máis que a súa busca, e para apoiar o desenvolvemento do seu pensamento nos niveis de análise, síntese e avaliación".

Logo, tal e como indica Adell, J. (1998) unha WEBQUEST é “unha actividade didáctica que propón unha tarefa factible e atractiva para os estudantes e un proceso durante o cal os alumnos/as traballarán coa información: analizar, sintetizar, comprender, transformar, crear, juzgar y valorar, xerar nova información, publicar, intercambiar ou compartir.  A tarefa debe ser algo máis que simplemente contestar preguntas concretas sobre feitos ou conceptos ou copiar o que aparece na pantalla do ordenador nunha ficha. Idealmente, a tarefa central dunha WebQuest é unha versión reducida do que as persoas adultas fan no traballo, fóra dos muros da escola".

E xa Rodríguez García  (1998) define a WebQuest do seguinte xeito:

-          WebQuest é un modelo de aprendizaxe extremamente simple e rico para propiciar o uso educativo de Internet, baseado na aprendizaxe cooperativa e en procesos de investigación para aprender.

-          Unha WebQuest é unha actividade enfocada á investigación, na que a información usada polos alumnos é, na súa maior parte, descargada de Internet. Basicamente é unha exploración dirixida, que culmina coa produción dunha páxina Web, onde se publica o resultado dunha investigación.

-          WebQuest é unha metodoloxía de aprendizaxe baseada fundamentalmente nos recursos que nos proporciona Internet que incitan aos alumnos a investigar, potencian o pensamento crítico, a creatividade e a toma de decisións, contribúen a desenvolver diferentes capacidades levando así os alumnos a transformar os coñecementos adquiridos.

Entón disto, extraio que, as WEBQUESTS son actividades estructuradas e guiadas que proporcionan ós alumnos/as unha tarefa moi ben definida, así como os recursos e as consigas necesarias que lles permitan realizala, pois na vez de perder horas na búsqueda da información, os alumnos/as aprópianse, interpretan e empregan as información específicas para a tarefa que o profesor lles asigne.

Polo tanto, seguindo os autores Brulacher B. & Gimbert B., unha WEBQUEST consiste básicamente en presentarlle ó alumnado un problema, unha guía de proceso de traballo e un conxunto de recursos preestablecidos accesibles a través dunha páxina ou unha aplicación web, onde a metolodoxía é de traballo cooperativo en pequeno grupo, desenvolvéndose a tarefa empregando os recursos que Internet ofrece.

Agora ben, eu preguntome, e pedagoxicamente falando que sentido ten o emprego da WEBQUEST? Para responder a esta cuestión de novo, seguin o documento ó que anteriormente fixen referencia.

Nel indícase que, o uso das WEBQUEST responde á necesidade de imperiosa de desenvolver nos alumnos/as a CMI, é dicir, a Competencia de Manexo da Información.

Isto é así porque tal competencia enténdese como absolutamente necesaria nun mundo como o presente onde o volumen de información se duplica e expande constantemente ó igual que ocorre co coñecemento científico, polo tanto a necesidade de desenvolver no estudantado a CMI, é imprescindible para poder afrontar a busca, avaliación, organización e emprego da información procedente de fortes moi variadas e ricas en contido.

Así, a base pedagóxica que sustenta a validez das WEBQUEST atópase na teoría da Aprendizaxe Constructivista, concretamente no modelo didáctico da Aprendizaxe Mediada, segundo o cal o alumno/a non é unte pasivo/a, senón que se converte en principal protagonista do traballo, onde o mediador é quen elabora e deseña a WEBQUEST para a actividade educativa e é o profesor quen ten a responsabilidade de tender a ponte entre o medio e o suxeito para chegar a WEBQUEST propiamente dita.

Analizando todo isto, coido que as WEBQUEST, son unha boa ferramenta ademais dunha moi boa estratexia didáctica onde os alumnos/as son os que realmente constrúen coñecemento que logo asumirán e aprenderán.

Xa non é só unha boa maneira para que os profesores/as ensinen, senón máis ben que é unha novedosa forma para que os alumnos/as aprendan, simplemente a través da investigación na rede.

 FONTES EMPREGADAS:

http://es.scribd.com/doc/3781654/TICs-Educacion-Universitaria#page=6

http://edweb.sdsu.edu/people/bdodge/bdodge.html

Dodge Bernnie (1995). Some Thoughts About WebQuests. 

En relación a isto, incorporei ó blog o seguinte archivo que mostra os principais compoñentes dunha WEBQUEST:

Compoñentes dunha WebQuest

A modo de curiosidade e interese particular destaco ó Weblog, palabra coa cal me atopei infinidade de veces no momento de navegar pola rede sobre a que me detiven na seguinte entrada:

Weblog

Hoxe en día, cando unha persoa se plantexa realizar unha búsqueda pola rede non é extraño que aparezan os webglobs ou globs como fonte xa non só de comunicación senón tamén de información e contidos de interese que responden a visión persoal dos seus autores.

Eu mesma son consciente disto cando navego pola rede coa intención de buscar información e tropezo con termos que da noite á mañá están de moda e se repiten constantemente.. Blog, Weblog, Bitácora. 

Isto resultoume curioso, pois xa non só nos remitimos a popular enciclopedia wikipedia ou a revistas electrónicas nin tan sequera ós libros senón que cada vez máis recurrimos ós Blogs e concretamente ós Blogs educativos se temos coñecemento deles para coñecer o que outros manifestan ó respecto dun tema de interese. A prol disto, decidín indagar máis acerca dos Weblogs para saber que son e que utilidade teñen para o ámbito educativo.

Así, tomando as palabras do escritor e profesor universitario José Luis Orihuela, pódese dicir que os weblogs ou blogs son diarios persoais publicados en Internet. Sendo máis consisos, son un formato de publicación en liña que ben se poden definir como recursos informativos e interactivos en formato web textual ou multimedia, nos que unha persoa ou grupo de persoas introducen por orde cronolóxica novas, opinións, suxerencias, artigos, reflexión ou calquer outro tipo de contifo que consideran de interese, enlazados frecuentemente a outros sitios web e coa posibilidade de manter un diálogo escrito entre o autor e os lectores.

Para obter máis información recomendo visitar o blog de dito autor: http://www.ecuaderno.com/jose-luis-orihuela/

Con isto xa non cabe dúbida de que os webglobs son actualmente un dos fenómenos comunicativos en Internet tanto pola súa variedade de uso como polas súas características. Neste senso, segundo expón a profesora de Novas Tecnoloxías aplicadas á Educación na Universidade de Alicante Rosabel Roig Vila, no seu Blog persoal http://eduticua.blogspot.com.es/ entre as posibilidades dos weblogs encontramos as seguintes:

-          Desempeñan un papel relevante en importantes temas que os medios de comunicación convencionais non cubren e en países cunha liberdade de expresión limitada ou con escasos medios.

-          Son empregados con éxito para determinadas campañas, diarios persoais, proxectos, medios de comunicación e sitios para redes de comunidades.

-          Os seus lectores poden suscribirse a eles gratuitamente e saber da súa actualización automática, por exemplo, vía RSS.

-          Son espazos de comunicación persoal, o que significa que os contidos non están sometidos a ningunha orde de composición, son de carácter subxectivo e fan referencia á opinión e crítica persoal de quen escribe.

-          Os seus contidos abarcan calquera tipoloxía (economía, sociedade, gastronomía, cine, literatura, cultura e educación, etc), pois os temas son tan heteroxéneos como as persoas que elaboran Weblogs.  

-          Os seus contidos presentan unha marcada estructura cronolóxica. A publicación non ten porque ser diaria pero un weblog sempre será mellor valorado canta máis continuidade teñas os seus temas.

-          É frecuente que adxunten enlaces a sitios webs claramente relacionados co contido que se está a tratar, pois para que un Weblog sexa eficaz a persoa autora debe conseguir un equilibrio entre unha boa exposición de contidos xunto cunha labor de seguimento na rede daqueles sitios ou referencias que resulten de interese para o usuario.

-          Os Weblogs son moi interactivos e mesmo didácticos, pois os lectores poden comunicarse co autor mediante comentarios,  aportacións, opinións e suxerencias sobre a temática en cuestión.

Agora ben, que posibilidades ofrecen os Weblogs para o ámbito educativo. Esta cuestión pode responderse dende diferentes perspectivas, pois os weblogs poden entenderse como un recurso fundamental para e expresión e comunicación na aula.

Xa que logo baixo esta premisa, plantéxase empregalos como recursos para a escritura tal e como indica Bull os weblogs son fundamentais para estimular a expresión e comunicación na aula: "Para encamiñar aos estudantes na escritura, é necesario ofrecerlles oportunidades igualmente ricas e espazos auténticos nos que poidan escribir. Os diarios electrónicos ( blogs) ofrecen unha ferramenta diferente e o potencial de reinventar o traballo que se realiza cos diarios de papel na aula de clase retando aos estudantes e mestres a pensar en normas de escribir auténticas. Os diarios electrónicos demandan publicacións multimedia, escritura concisa e precisa, respostas regulares e a tempo e un xeito novo e excitante de involucrar os estudantes" FONTE: http://www.eduteka.org/Weblogs1.php

Por outro lado,  Castaño e Palacio ( 2006) indican tres posibilidades de uso de weblogs:

1.  Como ferramenta de xestión o coñecemento: web do profesor coas posibilidades que ofrece o weblog.

2. Como espazo Web: para reflexións do alumnado sobre a súa aprendizaxe, onde o weblog  identifícase cun portafolios electrónico.

3. Como rede de aprendizaxe: é o recurso que posibilita a creación de comunidades de aprendizaxe.
Ademais, tomando como referencia a Cabero ( Cabero, Xullo"novas tec. aplicadas á educacion pg236), tamén se poden crear weblogs como ferramentas para a investigación, pois por unha banda serán os archivos electrónicos para as notas de campo, reflexións e observacións do investigador/a e, doutro lado facilitarán colaboracións efectivas entre os investigadores que traballen na mesma temática.

En definitiva, actualmente os weblogs supoñen unha auténtica revolución na rede no que á comunicación e información se refire e, como xa ben dixen anteriormente ofrecen multitude de posibilidades educativamente falando.  Á vez tamén son espazos persoais nos cales a o seu autor/a expresa libremente as súas inquedanzas e opinións acerca dun tema en concreto.

Son tantos os weblogs que actualmente se atopan circulando pola rede que seria imposible contabilizalos pois a cifra cada vez vai en aumento. Aínda así para ter unha idea da cantidade de webloggers ou bloggers pódense ver varios exemplos na páxina de Top Bitácoras onde se inclúe un rankins dos blogs hispanos máis populares e influíntes na rede: http://bitacoras.com/top

FONTES EMPREGADAS:

http://www.ecuaderno.com/jose-luis-orihuela/

http://www.eduteka.org/Weblogs1.php

http://cecybarajasf.wordpress.com/2008/04/30/internet-aplicado-a-la-educacion-ii-weblogs/

http://www.weblogssl.com/que-es-un-blog

http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2235846

 

Recordo que nos primeiros días de clase, adicamos un tempo a un feito, ó que aínda que xa estamos acostumados, as veces non sabemos facer correctamente, falo de realizar búsquedas eficaces pola complexa rede de Internet que alberga tan magnitude de información que é preciso diferenciar cal é de utilidade e cal non. 

Xa cando somos conscientes disto, entón comezamos a facer as buscas polos sitios webs recomendados, que nos aportan credibilidade e fiabilidade. Pero como facemos para gardar un sitio web que nos resulta óptimo para o noso traballo, pois ben esa posibilidade ven dada da man do servizo social de marcadores web DELICIOUS. Vexamos a continuación a entrada específica para este novo termo:

DELICIOUS

Ó longo das clases de TE o vocabulario sobre novas palabras do ámbito foi aumentando e unha desas palabras que me chamou a atención é DELICIOUS.

Nun principio esta palabra non me dicía nada, pois descoñecía o seu significado e sen saber o que quería dicir o concepto tampouco sabía que utilidade podería ter.

Pois ben, agora sei ben que se trata dun servizo de marcadores sociais na web, que permite almacenar sitios webs á vez que compartilos con outros usuarios de delicious.

Este servizo atópase en funcionamento dende o ano 2003, sostido principalmente por Joshua Schachter baixo o soporte Memepool.

Pero...PARA QUE SERVE DELICIOUS? pois para gardar os nosos favoritos en Internet e acceder a eles dende calquer outro ordenador e, ademais tamén permite compartir os favoritos con outras persoas, disto que sexa un marcador social, onde a información non se organiza en carpetas senón que se fai mediante etiquetas (tags), ou sexa palabras clave ou descriptores de contidos. 

Persoalmente coido que se trata dunha boa ferramenta ó servizo de todos/as que tanto nos permite buscar como incorporar e compartir información cos demais usuarios

Aquí vos deixo o enlace para acceder á páxina: http://delicious.com/

Este outro enlace mostra unha guía fácil sobre como empregar delicioushttp://nticsucc.blogspot.com.es/2009/11/definicion-de-delicious.html

 

Seguindo co meu empeño por coñecer máis acerca das enormes posibilidades que ofrece a rede, atopeime con termos ós que si están acostumados a escoitar os meus oídos pero que, en realidade non era consciente do que significaban. Entón, decidín realizar, de novo, unha búsqueda coa intención de satisfacer a miña curiosidade e coñecer máis sobre a cuestión en si. O resultado foi a seguinte entrada:

Curioseando...

Últimamente é frecuente que escoitemos falar nos medios de comunicación da coñecida como WEB 2.0. Curioseando por algún blogs da rede e mesmo polos dos compañeiros/as fixeime que é unha palabra que se repite continuamente que se emprega para referirse a servizos e aplicacións da mesma.

Pero agora preguntome, cales son as diferencias entre a WEB 1.0 e WEB 2.0? unha vez máis navegando pola rede e logo de facer varias búsquedas sobre a cuestión dei  co blog dunha rapaza moi interesante no que fala xa non só disto senón que tamén se para a indagar sobre as WEBQUEST, as WIKIS e os WEBLOGS.

Aquí vos deixo o enlace ó blog:  http://veronicarodriguez.wordpress.com/2008/03/30/internet-aplicada-a-la-educacion-estrategias-didacticas-y-metodologicas-web-20-wikis-y-weblogs-webquest/

Tamén quero deixar estoutro enlace para vexades a través dunha presentación sinxela e ilustrativa cales son as diferenzas existentes entre ámbolos dous tipos de WEB:  http://www.slideshare.net/silfemina/diferencias-entre-web-10-y-20

Ademais para coñecer máis sobre a evolución de Internet pódese botar man dos seguintes vídeos explicativos:

Agardo que estes vídeos vos servan de utilidade para indagar máis sobre a evolución  e progreso da rede.  Son moi claros e concisos e explican de maneira moi ilustrativa a evolución das aplicacións webs máis tradicionais ata as webs enfocadas ó usuario final. 

 

E xa, unha das últimas entradas que presentei no blog, foi para tratar as redes sociais, pois non podía pechar esta etapa baixo a materia Tecnoloxía Educativa sen falar un pouquiño destas así como do que supoñen para min:

Redes sociais 

 

A partires daki, elabora unha nova páxina para continuar falando da miña labor levada a cabo...