1. A DESEÑADORA

1. A DESEÑADORA

Última actualización de en Iria Balayo Abeijón

O meu nome é Iria e son de Noia, chego a Psicopedagoxía dende Maxisterio Primaria (USC). Comecei estudando Filoloxía Catalana en València (si xa sei, algo raro... voltas que dá a vida...), máis adiante rematei o Graduado Multimedia na Universitat Oberta de Catalunya (non sin antes darme un paseo por Filoloxía Hispánica na USC e por Informática de Sistemas na UNED.....) e traballei como deseñadora varios anos en Valencia, Coruña, Vigo e Santiago ata que chegou a crise e quedei no paro, polo que decidín estudar Maxisterio para despois entrar en Psicopedagoxía (sempre me gustou, non sei porque non comecei por aquí.... si o sei pero non volo vou contar agora;) ), e aquí estou!!. Despois dun longo camiño por diferentes cidades, traballos, mudanzas, xente que deixas atrás e xente nova que aparece na tua vida.......comezamos unha nova aventura!!

 

De volta!!

De volta!!

Último ano de Psicopedagoxía, nova materia pero atópome con antigos coñecidos. Por unha parte con Lourdes Montero coa que traballo no Grupo de Investigación Stellae, e por outra unha ferramenta, o "Cartafol", xa empregada por Adriana Gewerc en Medios e Recursos Didácticos e tamén posta en práctica nos meus anos como estudante de Mestre.

Asesoramento curricular a centros e a mestres….soa coñecido e ao mesmo tempo provoca diversas interrogantes…veremos o que acontence…

 IMOS? Vamos!

image


Presento o meu cartafol como se fora un novo proxecto de deseño que me encargan, de xeito que chego a clase como se chegara a unha entrevista cun cliente.........