7.a RECURSOS DISPOÑIBLES

7.a RECURSOS DISPOÑIBLES

Última actualización de en Luis Miguel Velay Vivel

O patrón dunha traiñeira ten que ter en conta os recursos dos que dispón para tratar de sacarlle o maior proveito posible e obter os mellores resultados para o club nas carreiras.

Os recursos dos que dispoñamos son igual de importantes no asesoramento, e polo tanto, os recortes en educación non fan máis que diminuír as posibilidades de ofrecer unha escola de calidade para todo o alumnado.

club remo

Anteriormente insistimos na importancia de lograr un cambio na escola a través do traballo colaborativo, a comunicación e a apertura ó entorno entre outras moitas medidas; polo tanto, habería que cavilar sobre as reformas que propón a LOMCE (Ley Organica para la Mejora de la Calidad Educativa) está a traballar neste mesmo sentido ou non. Por exemplo, o feito de que o Consello Escolar perda todos os seus poderes dificulta a apertura da escola ó entorno e a concentración de poderes no director pode facer que o traballo colaborativo se vexa dificultado e a horizontalidade á hora de traballar sexa complicada, pois o director tería sempre o poder de decisión.

Entón ¿Estamos dando un paso atrás na busca dunha educación de maior calidade ó facer que a escola se encerre en si mesma e non se abra ó entorno? ¿Haberá que buscar formas para que, sen infrinxir a LOMCE, as persoas do entorno poidan participar na escola e nas súas decisións? ¿Supón esta Lei o fin da participación dos pais e veciños no centro?

 

http://stellae.usc.es/red/blog/view/24313/unha-simple-reforma-basta-para-cambiar-a-escola