1. INTRODUCIÓN

1. INTRODUCIÓN

Última actualización de en Raquel Viña Molinos

Nas páxinas que se presentan a continuación preténdese compliar todas aquelas entradas realizadas nesta rede ao longo do cuatrimestre, para desta maneira organizar a información ao tempo que se reflexiona sobre a mesma e se van formulando ideas, resolvendo interrogantes, afianzando as aprendizaxes adquiridas,...

Este traballo servirá, pois, para seguir reflexionando sobre o asesoramento, a súa relación coa orientación, os modelos de asesoramento existentes, a importancia das relacións no eido educativo, a situación que está a atravesar a escola neste momento,... e demais temas traballados na aula.

A metáfora que escollín para ir organizando as diferentes aprendizaxes realizadas durante este tempo é a de unha partida de TETRIS.

Tíscar Lara, no seu blog www.tiscar.com , indica que ante o aprendizaxe ás veces hai que tomar unha actitude ao estilo do xogo TETRIS, de tal maneira que se poida aliviar o estrés habitual que xera o non comprender cada un dos seus elementos coa paciencia suficiente para seguir adiante e confiar en que nunha seguinte etapa se relacionarán uns conceptos con outros enchendo lagoas previas. No proceso de aprendizaxe aparecen cousas que non manexamos ou entendemos na súa totalidade, e van xurdindo dúbidas que ás veces convén deixar repousar e esperar ao seu momento de solidificación, cando novas idas se incorporen e aporten coherencia interna.

Deste xeito, cada un de nos, coas súas entradas na rede, vai aportando unha serie de pezas que se van xuntando para dar lugar a aprendizaxe.

image

Non hai que sabelo todo nin dominalo todo para aprender, xa que como ben di Lourdes Montero," faise camiño ao andar". O que si é preciso é que vaiamos compoñendo o noso puzle particular fixando as fichas do entorno persoal de aprendizaxe que se vai construíndo de forma dinámica.

É importante lembrar que todos sabemos algo e ninguén o sabe todo. Por iso, esta rede social é un escenario fantástico de aprendizaxe, onde gracias a posta en común dos distintos saberes que todos imos adqirindo podremos ir trazando os camiños do noso particular e colectivo peregrinaxe nesta asignatura de asesoramento curricular a centros e profesores.

Seguindo coa metáfora do tetris, as seguintes páxinas presentaranse a modo de niveis nos que imos avanzando. O primeiro nivel é aquel no que se plasman as nosas ideas previas sobre o asesoramento. A este seguiranlle outros niveis nos que se afondará sobre este tema e se tratarán tamén os diferentes modelos de asesoramento, as relacións entre o asesor e a comunidade educativa, aspectos relacionados co malestar e benestar docente,... ata chegar a analizar nos últimos niveis a situación educativa actual, tratando o tema da LOMCE e os recortes en materia educativa. Para rematar realizarase unha conclusión e unha autoavaliación do meu paso por esta asignatura.