Alberto Martínez Antelo

Son emprendedor, inquieto, activo e non me gusta dedicarme exclusivamente a unha cousa, se non que quero facer de todo.

Navegación

5.5. Psicopedagogos y profesores. Que relaciones?

Despois dunha tempada sen clase, o día 12/12 titulamos a clase como Psicopedagogos y profesores. Que relaciones?

Plantexámonos diferentes preguntas do estilo de que pensan os profesores dos asesores e viceversa e que coñecemos sobre estas relacións e os grupos de clase sacamos diversas respostas.

A visión ou idea destas relacións é máis positiva do que se pensaba, xa non hai ese clima de desconfianza que puidera haber fai anos, tómase aos asesores como axentes cos que traballar para a colaboración educativa, a inflexión e a disposición cara esa colaboración.

Ás veces hai unha mala relación pola "arrogancia" ou o "intento de liderazgo" dos asesores cos profesores como dixo unha compañeira pero iso só ocorre en casos puntuais porque esa arrogancia tamén pode vir por parte dos profesores; mais o importante é traballar no que eles pidan porque van vir buscando respostas xa que nos ven como elementos de apoio para traballar cos alumnos.

O asesor tamén ten os seus problemas porque cando chega un centro percátase de que o anterior asesor xa marcou as pautas para traballar co profesorado e os alumnos. Sen esquecerse das dúas perspectivas dos asesores: como todopoderoso (que sempre ten a solución a un problema e pode encargarse de todo) ou a de, como se lle chama coloquialmente, "pakistaní" (para referirse ao termo "para que está aquí" porque moitos profesores non entenden en que pode mellorarlles os seu traballo)

É unha meta inalcanzable? Un reto inútil? Como futuros asesores temos que impedir que a resposta a isto sexa un "Si".

Na segunda metade traballamos con dous casos de acoso escolar. Sacamos as conclusións de que se debe detectar o problema inmediatamente para evitalo, nesta sociedade cada vez hai máis nenos desensibilizados con tanta violencia e tanto materialismo. O que debemos facer como educadores é ensinarlles aos alumnos unha resistencia á frustración e que o que están facendo non é unha broma porque pode ferir os sentimentos dos seus compañeiros.

Ademais, os asesores non son persoas omniscientes, omnipotentes e omnipresentes. Non se pode botar todas as culpas aos orientadores porque non poden solucionar todos os problemas por arte de maxia, é responsabilidade de todo o profesorado chegar a crear un ambiente oportuno para a educación e para a convivencia.