Raquel Souto López

Soy una persona que actualmente se está formando para llegar a ser una futura psicopedagoga y que con anterioridad estuvo en la titulación de Educación Infantil puesto que me gustaría dedicarme al ámbito de la educación.

Páxina 14.

Páxina 14.

Última actualización de en Raquel Souto López

O ASESORAMENTO NAS INSTITUCIÓNS EDUCATIVAS.

Tal e como se foi comentando ó longo das sesións na aula, o asesoramento é un proceso  que intenta satisfacer as necesidades dunha persoa que necesita axuda, guiándoa, informándoa, acompañándoa …

Neste caso centrarémonos no asesoramento no ámbito escolar e nas institucións educativas, onde o asesoramento é entendido como un recurso de cambio e mellora escolar, é dicir, trátase de proporcionar ós centros educativos os recursos e apoios necesarios para guiar e orientar as estratexias necesarias para que a escola poida elaborar proxectos de cambio, desenvolvelos …

Como un dos aspectos importantes a destacar durante este proceso de asesoramento, é a importancia de coñecer a historia e a situación interna de cada centro, posto que é un aspecto moi importante para traballar debido a que cada centro ten unas características propias, vívense situación diferentes …

A continuación e co fin de intentar plasmar de xeito máis preciso o proceso de asesoramento nos centros escolares, diversos autores establecen unha serie de etapas ou pasos que se poden considerar neste proceso, aínda que é importante salientar que todas elas posúen flexibilidade para ser modificadas no caso de que fose necesario.

Segundo Pérez Ríos (1994), as etapas son as seguintes:

a)    Actividades dirixidas á creación da capacidade de colaboración do Centro.

b)    Análise e revisión do Centro.

c)    Actuación como estratexia de colaboración do Centro.

c.1) Fase de Pre-contacto.

c.2) Comezo e desenvolvemento do contacto inicial.

c.3) Diagnóstico da situación.

c.4) Búsqueda de solucións e preparativos para a elaboración dun Plan de Actuación.

c.5) Elaboración do Plan de Actuación.

c.6) Preparativos para a súa posta en práctica.

c.7) Desenvolvemento colaborativo do Plan.

c.8) Avaliación.

Por outro lado, Sánchez Moreno (1995) céntrase en tres momentos como son:

-        A análise diagnóstico do centro para coñecer as relacións e a comunicación existente entre os membros da comunidade educativa, a cultura do centro … todo elo para tratar de comprender mellor a escola.

-        O asesoramento como proceso de participación e colaboración para  a intervención. Nesta caso destacar que é necesaria tanto un coñecemento técnico como posuír a habilidade de comunicarse correctamente, experiencia con dinámica de grupos …

-        A avaliación do proceso para comprobar a validez da acción desenvolta.

 

Noutro caso, Bolívar (1997), sinala o seguinte conxunto de procesos:

-        Creación conxunta de condicións previas para iniciar un proceso de mellora.

-        Autorrevisión crítica da situación da escola: identificación e análise das actividades.

-        Búsqueda de alternativas, recursos e formación: elaboración de plans para a acción.

-        Desenvolvemento ou posta en práctica dos plans.

-        Avaliación do proceso de traballo no seu conxunto.

-        Institucionalización da formación.

 

Finalmente destacar que o principal para poder seguir calquera dos procesos anteriores, é coñecer o centro escolar, a súa contextualización ... posto que o éxito do traballo do asesor dependerá da relación que estableza co centro e cos seus membros, establecendo para elo unha comunicación aberta, unha influencia mutua e un compromiso formal, clarificando as súas expectativas e dando credibilidade á súa figura. (López y Sánchez, 1997).