“O Iceberg e a Tecnoloxía Educativa”

Como xa indiquei anteriormente, custoume moito esforzo atopar un elemento que reflectise con exactitude o que foi o meu proceso nesta materia.

Finalmente centreime neste elemento por diferentes razóns como expoñerei a continuación. Como se pode ver na imaxe de portada deste traballo, o corpo do iceberg que sae a superficie tan só é unha octava parte do seu volume total. Como podemos observar, a maior parte deste elemento atópase baixo a auga, agochada poderíamos dicir. Pois isto mesmo é o que me sucedeu a min durante o transcurso desta materia.

Como puxen de manifesto en algunha publicación, reflexión nativo dixital, o meu contacto con algunhas das consideradas novas tecnoloxías non se deu ata unha idade que poderíamos considerar elevada, de ahí a reflexión citada anteriormente. Isto non quere dicir que como tiven un contacto tardío con estes elementos non vou a ter coñecementos acerca deles, comprender o seu funcionamento... senón mais ben todo o contrario. Cando me enterei que este ano académico 2012/2013 tería unha materia que se chamaba “Tecnoloxía Educativa” non mo podía creer, pensaba que era o mellor que me podía pasar, xa que realmente consideraba que o meu coñecemento neste campo era moi elevado ou rico, polo que presentía que poucas cousas ian a ser descoñecidas por mín...

Pero a día de hoxe, tras cursar esta materia, podo dicilo ben alto e claro, que os meus coñecementos eran mínimos, de aquí o simil con este elemento, o Iceberg; ao igual que este, o meu coñecemento neste campo, inicialmente, poderiámolo equiparar ao volume ou corpo do Iceberg que sae a superficie e, pola contra, o resto do corpo deste elemento sería a información, coñecementos, materias... que están na rede, nas novas tecnoloxías ou relacionadas coas mesmas e dos que non poseo ningún  tipo de información e mesmo no escoitara falar delas con anterioridade. Pouco a pouco, e tras coñecer novos e distintos medios, instrumentos...(a través desta materia) que me garantizan coñecer novos elementos, programas, aplicacións... o corpo do Iceberg que sae a superficie cada vez e maior, aínda que creza moi pouco a pouco e, como non, o meu obxectivo principal será ir quitando cada vez mais porcentaxe do corpo do “meu propio Iceberg” a superficie.

Por todas estas razóns, considero que o meu proceso pode ser moi equiparable con este elemento.