D.4 Conclusións

D.4 Conclusións

Última actualización de en Lorena Bibián Caramés

Para comezar este apartado, veume a cabeza unha frase que pode resumir o reflexo de cada un no Stellae: "Cada obra de un artista tiene que ser la expresión de una aventura de su arte" (William Sumerset Maughman). 

Creo que fomos aportando a partir do dado na clase e do noso interés e curiosidade unha linea de coñecementos e conceptos que nos foron transmitindo novos valores sobre a tecnoloxía e o seu labor no aprendizaxe.

A través de blogs como alfabetización digital, Mi PLE, Reflexión sobre o vidio realizado ou a tecnoloxía nas aulas intentei analizar apartados e contidos dados na clase e cos cales pretendín dar o meu punto de vista e o meu percorrido persoal na tecnoloxía educativa. 

Outros blogs como RSS, EVERNOTE ou seguridade en internet permitiron aumentar o meu coñecemento (e espero que o do resto das persoas desta rede) sobre diversos temas que afectan a actualidade da tecnoloxía en sí e da tecnoloxía educativa. Con eles intentei analizar a realidade actual do día a día dun individuo; e co que todos estamos familiarizados. 

Archivos e Tweets permitíronme afrontar dunha forma distinta esta realidade, a través de frases e imaxes quixen reflexar vivencias e acontecementos que ou ben amosan conceptos claves da materia ou describen acontecementos e intres polos que fomos transcurrindo neste curso. 

A marcación de favoritos permitiunos compartir diversas páxinas que cremos importantes na nosa formación e na búsqueda de información; ao igual que na satisfación das nosas curiosidades.

En definitiva, todo isto reflexa a nosa andanza nesta materia e o que crimos relevante e de interese na influencia das tecnoloxías. Permitíusenos amosar o noso punto de vista en canto a este tema e compartilo cos nosos compañeiros; ao igual que matizar e comentar as entradas que outros facían sobre temas que crían de interese público.

Penso que a metodoloxía levada a cabo sirveunos para poder visualizar de forma distinta a tecnoloxía e a tecnoloxía educativa e a súa influencia na nosa vida diaria. Todos puidemos aportar ideas e conceptos que enriqueceron o noso saber e axudaron no noso aprendizaxe sobre estos temas.

Finalmente, dicir que a iniciación e introducción no mundo dos blogs e no #PostureoStellae fixo amena e de gran valor o noso aprendizaxe e adquisición de coñecementos.

Isto non debe ser un fin, senon a continuación de un método e instrumento que nos axude a comentar ideas e conceptos da actualidade entre todos nós.

Deixémolo nun CONTINUARÁ....

image