C)FÍO CONDUCTOR.O proceso de creación-transformación

Sen dúbida, tal e como afirmei na páxina anterior o proceso de realización do e-portafolio implicou para min o pasar por unha serie de fases, a consecuencia de ter que enfrontarme a unha tarefa que nunca antes se me propuxera.

Como ben dixen ao comezo reinaron en min as dúbidas e inseguridades pero pouco a pouco considero que fun quen de superar os medos e comezar a crear coñecemento novo e persoal.

Nun primeiro momento, debo confesar que non sabía moi ben que temas tratar e simplemente comecei a elaborar blogs cuxos temas principais se corresponden cos meus intereses persoais, preferencias, así como aspectos que non se trataron ao longo da miña formación universitaria e que me parecía importante, para a miña formación como pedagoga, indagar ao respecto deles.

Co paso do tempo e o conseguinte avance tanto das clases interactivas coma expositivas, funme adentrando máis na temática da Tecnoloxía Educativa tocando temas relacionados moito máis estreitamente coa materia.

Así no proceso de elaboración do e-portafolio pódense diferenciar dous fíos conductores básicos que son os seguintes:

  • Descripción, análise e reflexión persoal ao respecto de temas que conectan cos meus intereses persoais e profesionais, así coma a experiencia vivida nas prácticas; na súa relación coa tecnoloxía. 
  • Análise de diversas temáticas centrais tratadas nas clases tanto interactivas coma expositivas da materia; e opinión e reflexión persoal sobre as mesmas. 

O primeiro dos fíos conductores fai referencia a blogs relacionados coa formación do profesorado nas novas tecnoloxías, adiccións as tecnoloxias, co papel que xogamos as mulleres respecto as tecnoloxías e o emprego da tecnoloxía polos maiores e o concepto de aldea global. A través de todos eles o meu obxectivo principal foi o de tratar de realizar un primeiro achegamento o que se pode entender por tecnoloxía, as vantaxes e inconvintes que pode presentar en función do uso que se faga dela; mostrando ao mesmo tempo diferentes ámbitos ou áreas nas que poden estar presentes, sen limitarnos exclusivamente ao contexto escolar.

No segundo dos bloques temáticos, a miña intención reside en conectar conceptos centrais da materia como o Personal Learning Environment, o conectivismo, os Moocs, e o e-learning; coa realidade presente; tratando de ofrecer unha visión obxectiva e crítica.

En posteriores subpáxinas ofrecerei unha análise de cada unha das fases polas que atravesou o meu proceso de aprendizaxe.