3.3. Terceira Fase

3.3. Terceira Fase

Última actualización de en silvia

E chegamos á última fase do meu proceso de aprendizaxe, unha fase caracterizada pola creatividade e por relacionar a información transmitida no blog con experiencias persoaisconcretas. Nesta última fase destaco as seguintes entradas: 

Jclic y Webquest

Esta actividade propúxonola a docente para ver que enfoque se escondía detrás dos materiais ofrecidos polo Jclic e pola Webquest. A realización desta actividade permitiume reflexionar sobre a miña propias experiencia escolar na utilización destes recursos didácticos que ofrece a rede, e descubrín que o que eu cría cando estudbaa que era un gran innovación, non resultou máis que ser o mesmo método utilizado nas clases tradicionais pero cambiando o material, isto é, en vez de utilizar lápiz e papel, usar o ordenador como ferramenta de traballo. 

Esta actividade permitiume coñecer diferentes enfoques ou teorías que amosan unha gran relación coas TIC, sendo este un aspecto que chamou a atención e sobre o que decidín indagar nunha das miñas últimas entradas no blog, Teorías de aprendizaxe e TICs

Distintas modalidades de aprendizaxe: E-learning, B-learning e M-learning

O e-learning é un dos temas dos que falamos na última clase e sobre o que decidín buscar información, para coñecer con máis detalle que ofrece esta modalidade de aprendizaxe. 

Sen embargo, consideraba que falar do e-learning era deixar fora outras modalidades de aprendizaxe que son igualmente importantes, como son o b-learning e o m-learning (desta última modalidade, descoñecía os seus usos educativos, quizais porque cando eu estudaba non podía empregar o móbil na aula baixo ningún concepto). 

Experiencia TIC: "Eloxio da dependencia, un ceo protector"

Esta experiencia serviume para completar unha das liñas de investigación sobre as cales me centrín no e-portafolios, como era a falta de formación do profesorado para xestionar os recursos tecnolóxicos presentes nos centros educativos. 

Así pois, esta experiencia diciía que a pesar do entusiasmo dos docentes do centro por aprender a manexar as TICs, seguía existindo medo a tocar algo do ordenador e que este se estropease. Ademais, polo xeral, os docentes usan as TICs para seguir co mesmo modelo de ensino que nas clases habituais, posto que os exercicios realizados co ordenador implican a repetición como proceso para a adquisición de coñecementos. 

"The Yellow Submarine", unha forma divertida de aprender inglés a través das TIC

Sen embargo, esta experiencia é todo o contrario, xa que fai referencia a outro método de ensino para a aprendizaxe das linguas extranxeiras. ¿Porque non realizamos nos unha experiencia similar nos colexios? 

PLE 

Sen duda, esta foi xunto coa realización do vídeo, unha das mellores actividades realizadas para a materia de TE. 

Tarefas PLE

A través da realización do meu PLE, puiden comprobar que este non é estático, senón que vai evolucionando, e adptándose as nosas características que vaian xurdindo. Así pois, cando era pequena as miñas fontes de consulta estaban constituidas unicamente por libros e enciclopedias, e tamén polas persoas, como os meus amigos, mestres e familia. 

Agora, o meu PLE evolucionou considerablemente, xa que agora a tecnoloxía ocupa un papel primordial, cando hai so un par de anos isto non era así. 

Sen embargo, tamén considero que as persoas, seguen constituíndo o principal referente no meu proceso de aprendizaxe, destacando especialmente os meus amigos e compañeiros de clase, cos cales comparto dúbidas sobre aspectos de índole profesional. 

Unha nova Rede Social: "BAR"

E finalmente, para rematar o meu traballo desta terceira fase, facer alusión unha vez máis, ás redes sociais, á publicidade. 

E finalmente, para rematar o meu traballo desta terceira fase, facer alusión unha vez máis, ás redes sociais, á publicidade. 

En especial, quédome cunha gran frase do vídeo que amosa algo que so podemos facer na Rede social denominada Bar: "porque nos gusta vernos, tocarnos, estar xuntos". 

E finalmente, queda a conclusión.... ¿Queredes coñecer cal é?