Nesta parte do documental quedan recollidos os diferentes modelos de orientación, que son os seguintes:
1.- Modelos teóricos: os modelos teóricos, como o seu propio nome indica, son elaborados polos teóricos que conforman as diferentes correntes psicolóxicas. Algúns exemplos son os seguintes: modelo psicoanalítico, modelo humanista, modelo cognitivo, modelo condutista...
2.- Modelos básicos de intervención:
Modelo de programas.- Bisquerra (1998) define o programa como “unha acción continuada, previamente planificada, encamiñada a lograr uns obxectivos, coa finalidade de satisfacer necesidades e/ou enriquecer, desenvolver ou potenciar determinadas competencias”. Todo programa implica unha actividade planificada, a cal debe atopar o seu fundamento nas teorías previamente desenvoltas, como os enfoques cognitivos. Ademais, a aplicación do programa supón unha actuación común, colaborativa e aberta a diversos contextos, onde a finalidade é dar resposta a unhas necesidades previamente detectadas. Trátase dun modelo que xorde como unha superación do antigo modelo de servizos. Así mesmo, a maioría dos autores sinalan, como básicos, os seguintes elementos imprescindibles neste modelo:
- Debe basearse na identificación dunhas necesidades.
- Debe dirixirse ó logro duns obxectivos para cubrir as necesidades detectadas.
- A actividade debe planificarse previamente.
- A actividade debe ser avaliada.
Modelo de consulta.- A intervención directa sobre o individuo (a través do modelo clínico) e a intervención grupal sobre o colectivo (a través do modelo de programas) non son suficientes si se quere afrontar con eficacia e de forma plena a función educativa da orientación. É imprescindible ter presente nesa acción orientadora a intervención indirecta sobre todos os axentes educativos, en especial sobre os/as profesores/as e as nais e pais, sen esquecer á propia institución educativa como tal. Este modelo de intervención pode definirse como “a relación entre dous profesionais xeralmente de diferentes campos: un consultor (orientador, psicopedagogo) e un consultante (profesor, titor, familia)” quenes plantexan unha serie de actividades coa finalidade de axudar/asesorar a unha terceira persoa ou institución (ésta pode ser un alumno, un servizo, unha empresa... ). As metas que persegue este modelo son:
-Aumentar a competencia do consultante nas relacións cos alumnos, familias, etc. Pode ser unha única persoa (alumno/a) ou un grupo de persoas (todo un centro educativo).
-Desenvolver as habilidades do consultante para que sexa capaz de resolver nun futuro un problema similar.
A característica principal deste modelo é a súa natureza triádica na consulta (consultor/a, consultante, cliente). O consultante acude ó consultor para que, entre os dous, poidan axudar ó cliente. Polo tanto, neste modelo de consulta o orientador leva a cabo unha intervención indirecta.
Modelo de consulta colaborativa.- Na práctica profesional resulta especialmente aconsellable levar a cabo o que se coñece como consulta colaborativa. Nela, son varios os profesionais que interveñen e establece unha diferenza fundamental con respecto á consulta anteriormente exposta. A diferenza é que neste modelo, o/a orientador/a implícase de xeito directo na intervención, coma un membro máis do equipo educativo. Neste modelo o/a orientador/a convértese no dinamizador/a da acción orientadora de todo o profesorado, facilitando as competencias axeitadas, a implicación e formación necesaria aos distintos axentes educativos. A partir dun plano de igualdade e de vontade de participar nun mesmo proxecto establécese ese “contexto de colaboración”.
3.-Modelos Mixtos de intervención: son a combinación de modelos básicos; cada modelo recibe un nome concreto e ten as súas propias características. Algúns exemplos destes modelos son: o modelo comprensivo de Gysbers; o modelo socio-comunitario; o modelo sistémico; o modelo psicopedagóxico, o modelo ecolóxico...
4.- Modelos organizativos: