Navegación

No se han creado páginas aún

8.2.1.- Coñecementos previos sobre o profesorado

8.2.1.- Coñecementos previos sobre o profesorado

Última actualización de en Pablo

Facendo unha reflexión xenérica, pois sempre existen excepcións, o profesorado e as metodoloxías que se empregan tamén están en crise. Hoxe en día todavía se seguen levando a cabo modelos de ensinanza tradicionais, que consideran ao alumnado como tábulas rasas, aos que non se lle teñen en conta as súa experiencias e ideas previas, e apoiandose na visión positivista da ciencia, onde todo coñecemento científico é a verdade absoluta que non admite discusión. Ademais, este coñecemento é transmitido por igual a todo o alumnado, obviando as características individuais, as necesidades, os ritmos de aprendizaxe... de cada neno/a, na búsqueda da homoxenización da ensinanza e da aprendizaxe.

 

 

A lexislación e por tanto o curículo vixente, están enmarcados nunha concepción construtivista da aprendizaxe e da ensinanza escolar, pero a realidade é que hai unha clara desconexión entre a teoría e a práctica nos centros educativos. O ideal, tal e como propón Ausubel, sería traballar partindo das ideas previas do alumnado, pero a realidade no noso sistema educativo e outra ben distinta, dado que, na maioría das escolas non se teñen en conta os coñecementos previos dos alumnos/as, nin os seus intereses, aínda que, seguramente esta premisa está recollida en documentos de centro, perfectamente elaborados, utilizando modelos base das editoriais que están completamente descontextualizados e que se repiten ano tras ano, pero que non reflicten a práctica educativa nin a realidade.

 

Na actualidade o gran aliado do mestre é o libro de texto, o cal se segue ao dedillo, non vaia ser que nos deixemos parte do currículo sen dar. E onde está o interese do alumno, e das familias, e da comunidade en xeral?Como di Juan Delval (1994) hai dous aspectos chave: “os libros de texto fanse cada vez máis voluminosos, e sabemos que eles son os que en definitiva dictan o que se fai nas aulas, na maioría das aulas, moito máis cos programas escolares” e pola outra, a resistencia dos elementos sociais que consideran que é necesario que as crianzas aprendan todos eses contidos escolares, dado que lles serán moi útiles nun futuro. Isto é un claro exemplo de que, a pesar de que se proclame que a aprendizaxe ten que ser construtivista, a realidade é que na maioría dos centros o que impera é a concepción tradicional de inspiración condutista, na que a aprendizaxe se leva a cabo por pura repetición.

 

Outro exemplo desta realidade o atopamos no tramo da educación infantil. Esta etapa educativa caracterízase principalmente pola aprendizaxe a través do descubrimento e da manipulación e experimentación de diferentes materiais que sexán próximos á realidade dos nenos e nenas. Tendo en conta isto, a programación e planificación do traballo por parte do profesorado tería que ter en conta a realidade das crianzas que están ao seu cargo, pero a realidade, por norma xeral, é ben distinta, dado que na maioría das escolas o que prima son as fichas didácticas elaboradas polas editoriais.

 

Este material didáctico é moi atractivo, pois se axusta ao currículo, e permite visualizar o traballo feito ao final de cada trimestre, pois se lles pasan aos pais todas as fichas feitas polos seus fillos/as, xunto coas avaliacións (aspecto que lle encanta ás familias, e que, baixo o meu punto de vista, trasmite unha visión de esixencia e de resultadismo dende que os nenos e nenas entran na escola). Ditas avaliacións son totalmente cuantitativas e non reflicten a realidade, pois non parten dun seguemento continuo nin dun traballo reflexionado.

 

Por tanto, a cruda realidade é que a escola e o seu profesorado non teñen en conta os intereses dos seus actores principais, os nenos e nenas que conviven nela, e gran parte desta problemática xurde da falla de motivación do profesorado, que a súa vez non é capaz de motivar ao seu alumnado, e tamén da falla de innovación e de renovación pedagóxica. Por exemplo, a ninguén se lle pasaría pola cabeza empregar as metodoloxías utilizadas no século pasado na Sanidade, en cambio na educación isto si que sucede. Se puideramos viaxar ao pasado é traer un cirurxán/a e un mestre/a, e os poñemos a un/unha nun quirofano e a outro/a nunha escola, o cirurxán/a, probablemente non sabería nin por onde comezar, porque o escenario cambiou moito dende aquela, pero estamos seguros que, probablemente, o mestre/a sería capaz de dar unha clase. Tan só hai que ver as estruturas das aulas, que seguen a ser tradicionais, incluso os encerados son iguais que hai 50 anos, todos rectangulares e da mesma cor, para cando un encerado en forma ovalada ou redonda? Animo a quen corresponda que recolla esta idea.