Raquel Souto López

Soy una persona que actualmente se está formando para llegar a ser una futura psicopedagoga y que con anterioridad estuvo en la titulación de Educación Infantil puesto que me gustaría dedicarme al ámbito de la educación.

Segunda parada da quinta etapa: Os docentes.

Trala visita ó primeiro lugar, continuamos o camiño plantexado cara o segundo punto de interese, lugar que leva por nome OS DOCENTES. Nesta ocasión, a visita está relacionada coa implicación dos docentes nos procesos de cambio educativo.

Esta temática está traballada por medio dun vídeo ilustrativo que fai referencia ó papel do docente como xerador de novos cambios, e ofrécenos indicacións e formas de actuar para tratar de ser un bo docente e acadar unha mellora educativa.

 

Entre os aspectos que se expoñen en dito vídeo pódense atopar os seguintes:

  • Loita diaria para acadar a calidade educativa.
 
  • Emprego de estratexias que agraden ós estudantes.
 
  • Coñecer ó alumnado e tratar de buscar solución ós problemas que lle vaian xurdindo.
 
  • Empregar ferramentas que fomenten a aprendizaxe significativa dos alumnos/as.
 
  • Dar a coñecer a aula como un espazo de liberdade de expresión.

 

Desta maneira e mediante a utilización deste vídeo, pódese ver a importancia da implicación e colaboración do profesorado na mellora da calidade educativa, aínda que interveñan tamén neste cambio outros profesionais como poderían ser os asesores/as.

 

Construíndo unha educación de calidade.