A.4 - Desenvolvemento da materia 2.0

A.4 - Desenvolvemento da materia 2.0

Última actualización de en Javier Ivan Rico Freije

 Logo dunha primeira etapa de incertidume e ignorancia introducín, espero que con bos resultados, un certo cambio no desenvolvemento do meu blog. A verdade é que dende a avaliación de xuño non subin moitas entradas, pero coido que as poucas que subín gozan de máis calidade e acheganse máis os obxectivos plantexados pola materia que as anteriores.

A primeira entrada que subín en esta nova etapa foi Escravos do consumo

En esta entrada xurdiu de unha noticia de un periódico dixital sobre o mundo dos videoxogos. Esta noticia fixome reflexionar acerca do da obsesión que cada vez máis desperta o consumo de novas tecnoloxías e as consecuencias deste feito.



Logo disto referinme a un tema que xa fora ampliamente tratado en clase, refirome a alfabetización dixital. Nesta entrada non fixen tanto referencia a relación deste termo con a educación, senón que aludín a relación que hoxe en día se da entre a alfabetización dixital e o desenvolvemento dun país, e dicir, da influencia da alfabetización dixital na economía e no mercado nesta nova sociedade.

Alfabetización Dixital e Desigualdade

Máis tarde elaborei unha entrada de un tema que tiña moitas ganas de tratar e sobre o que me considero bo coñecedor. Este é o tema dos Videoxogos. Aquí tratei de dar un novo punto de vista os videoxogos, os cales non son máis que criticados pola maioría de pais, docentes, e outros profesionais da educación sempre ou case sempre partindo dunha ignorancia dos mesmos e asentandose en estimacións e suposicións sen que se consideren datos reais. Por iso intentei aludira algunha das características das que estes gozan e que se poderían aplicar o campo educativo coido que con moi bos resultados.

Algo que aprender dos Videoxogos



A cuarta entrada tamén foi sobre un tema que me despertaba moito interese e sobre o cal xa tibera pensado falar antes. É o tema da publicidade, pero non a publicidade en xeral, tema considero que tratado ata a saciedade, senón a relación da mesma con a educación e a formación da sociedade, e dicir, a relación da mesma con a formación dunha persoa.

Publicidade que educa.



En quinto lugar realicei unha “minientrada” sobre unha rede social que nestes días esta a ozar dunha enorme popularidade, unha rede que considero distinta as demáis, e como non, creo que tería grandes usos dentro do campo educativo.

Twitter e as suas claves

Finalmente realicei unha reflexión sobre a situación actual das TICS na aula, un tema moi mencionado en clase do que fun recollendo información o longo do desenvolvemento desta materia e de outras así como da experiencia propia. Polo que esta reflexión non é mais cunha síntese dos problemas que o longo do tempo vin que se daban con respecto a implementación das TIC na aula.

Situación actual das TIC na aula (Reflexión)