3- Misteriosas Illas e Portos: inquedanzas e novos coñecementos

Adentrámonos no mar! Na nosa nave imos todos os tripulantes desta materia (Formación e Desarrollo Profesional do Profesorado). Cada un de nós cunha historia previa que trataremos de compartir nas nosas longas xornadas a través do ancho mar. 

No mar (fonte de coñecementos), é difícil atopar unha illa ou porto (novos coñecementos) onde convixarse, pois facerse con novos saberes require esforzo e traballo. Por elo, será importante a potencia de remo que fagamos cada un de nós no barco. Haberaos máis fortes, que poidan remar máis e invertir máis potencia no movemento do barco, pero ninguén se queda atrás, todos imos no mesmo bote no camiño hacia a Ítaca, as forzas compénsanse e converxen, deixando trala nosa popa unha fermosa estela de aprendizaxe cooperativo e colaborativo creado no marco dos blogs grupais como nos blogs persoais cos comentarios, as axudas que prestamos cada un cando alguén tiña unha complicación coa rede social, compartindo ideas e tomando nota delas para recrear o noso saber...E, en definitiva, facer desta maneira que a nosa ruta marítima fose significativa. É preciso sinalar aquí, que a travesía non tería sido o mesmo senon tivésemos estrelas (palabras da profesora) que nos guiasen durante as escuras noites, pois a inmensidade do mar, ao principio asusta. Así mesmo, tampouco tería o mesmo valor esta traxectoria ata a Ítaca senón hóubesemos feito unha parada na Biblioteca de Alexandría (documentos sobre os cales fixemos actividades reflexivas). 

Logo desta imaxe simbólica do mar, acompaño as entradas individuais e grupais nas cales abordamos inquedanzas e novos coñecementos.

 

  mar

 

 

  • Novos coñecementos e inquedanzas abordados de maneira individual 

A escola: contexto de aprendizaxe para os/as docentes

O docente como investigador da súa propia práctica

Paradoxas e a necesidade dun cambio de paradigma

Teoría + Práctica + Reflexión = todas igualmente necesarias nunha boa formación

José Gimeno Sacristán, un must have na nosa lista de lecturas 

Na procura do ser 

A docencia, unha reflexión compartida

eTwinning, unha plataforma na que mestres e alumnos aprenden

Sistemas educativos e Formación do Profesorado en Francia, Reino Unido e Finlandia

Bullying, Mobbing, Bulismo, Ijime, Wang-ta, Ausstiessen

A formación do persoal docente e investigador da nosa universidade 

Formación Inicial do Profesorado de Educación Secundaria dende a década dos 70

Raíces da feminización docente en España

 

  •  Novos coñecementos e inquedanzas que abordamos de maneira grupal en Acción Pedagóxica

TEMA

LINK

Identidades en proceso de formación

http://stellae.usc.es/red/discussion/view/46190

A elección de ser docente

http://stellae.usc.es/red/discussion/view/47118