Navegación

No se han creado páginas aún

C.2. Intereses persoais

C.2. Intereses persoais

Última actualización de en Silvia Seren Sampedro

Correspóndenlle, a este segundo apartado, as entradas que eu realicei dunha maneira non tan establecida, pero si que a maioría das ideas que eu empreguei para realizar estes traballos se suxeriron na clase. Temas como as nosas historias previas, a lectura do texto de Andy Hargreaves "Ensinar na sociedade do coñecemento" ou de outros textos como "El profesor hoy" de Nóvoa e "Nuestro sistema educativo no es un desastre" de Gimeno Sacristán, entre outras. De todos xeitos recólloas todas a continuación:

Introducción en la Formación y Desarrollo Profesional del Profesorado

Esta foi a primeira entrada do meu blog e propúxenme que fora de tipo introductorio, xa que recollo posibles definicións do termo Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado, e ademais intereseime en profundizar un pouco máis polos distintos modelos de Formación Inicial, como se pode ver no esquema.

                       Modelos de Formación Inicial

Historias previas: A miña experiencia persoal

Desta entrada non comento nada a maiores xa que, xa falei dela no apartado B.1. Fío conductor.

É ensinar unha tarefa doada?

Esta foi unha cuestión que se propuxo nunha das pasadas clases e que dou pe a un interesante debate. Reflexiono nela sobre o que é ensinar? se é considera unha tarefa fácil? e que papel debe realizar a familia e a escola?. Como se ve na imaxe, ambos deben traballar de forma conxunta para poder educar ó neno, xa que nin todo o peso debe recaer na familia nin na escola.

 

                                                      Educa a escola e educa a familia

Ensinar na sociedade do coñecemento

Nesta entrada de blog realizo unha reflexión sobre o capítulo 1 do libro de Hargreaves, A. (2003) “Enseñar para la sociedad del conocimiento: educar para la creatividad” o cal foi comentado nunha das pasadas clases de Formación e Desenvolvemento do Profesorado. Opto por recoller este comentario no blog porque realmente é un texto de interés, xa que nos ofrece unha visión da labor docente dentro da chamada “sociedade do coñecemento” á vez que establece os retos e desafíos que esta sociedade lle plantexa á educación. Como recolle Hargreaves, os docentes atópanse, encerrados nun triángulo de intereses como se expresa na seguinte figura:

Consultei tamén estes arquivos para tratar este tema:

Enseñar y aprender en el mundo actual: desafíos y encrucijadas

 

A profesión docente

Relacionado co tema da profesión docente, a profesora recomendou varios artigos que nos aportarían información relevante para ter unha idea global sobre todo o que abarca a función docente. Un dos artigos era de “¿De dónde viene la crisis de la profesión docente?” de Gimeno Sancristán, texto que empregamos e analizamos a través da realización da técnica acuario. Os outros dous artigos son: “El profesor, hoy” de Antonio Nóvoa e “Nuestro sistema educativo no es un desastre” de José M. Esteve.

Polo tanto, nesta entrada realizo unha análise dos mesmos e unha reflexión persoal sobre o tema da profesión docente.

A Malnutrición infantil en España afecta nas escolas

Realicei esta entrada porque nunha das pasadas clases a profesora Lourdes Montero díxonos unhas palabras de José Gimeno Sacristán que a min me chamaron a atención: “La letra, con hambre, no entra”, dicindo con isto que os nenos, se non están ben alimentados, non poderán ter un bo rendemento nas clases. Isto fíxome pensar e plantexarme investigar máis sobre o tema da malnutrición infantil en España. Antes de nada cómpre definir o que a RAE entende por malnutrición“Condición causada por una dieta inadecuada o insuficiente, o por un defecto en el metabolismo de los alimentos”. Tratei de interesarme sobre as causas deste problema e recollo a traves de diferentes noticias dos medios de comunicación que a malnutrición infantil en España é unha realidade. Como expoñen os da ONG Educo no seu vídeo.

 

Recapitulando sobre a materia…As principais características da Profesión Docente

Entrada moi relevante, xa que nela realizo unha especie de repaso polas principais características da Profesión Docente, profundizando nas súas posibles causas e consecuencias para o profesorado. Vou falar un pouco máis desta entrada no apartado D. Atopei o tesouro? Conclusións.

Que me supuxo cursar a materia de Formación e Desenvolvemento Profesional do Profesorado?

Neste apartado tampouco me vou a extender xa que prefiro facelo no punto E. Como foi a experiencia? Autoavaliación. 


Polo tanto, aquí conclúen as entradas que realicei de maneira individual, nas que me establecía como obxectivo, indagar naqueles aspectos que se foron comentando durante as clases e que a min me resultaron interesantes.