D.2. Profesión docente

Como non podía ser doutro modo, debo pararme no eixe fundamental desta materia, os docentes. Atendendo a isto, recolle unha serie de entradas de blog nas cales reflexiono sobre distintos aspectos referidos a este colectivo.

En primeiro lugar, iniciei o meu análise co termo vocación, realizando unha reflexión acerca da importancia ou non de ter vocación para ser un bo docente.

A vocación docente

Nun segundo momento, reflexiono acerca do ensino a través do artigo de Andy Hargreaves, nesta entrada recollo unhas citas, nas cales o autor reflexiona acerca dos motivos que provocan que a ensinanza sexa unha profesión paradóxica, así mesmo introduce o termo xa analizado sociedade do coñecemento. A través da concepción das necesidades que presenta a sociedade actual preséntanos a tres tipos de docentes ; o catalizador, o contrapunto e a vítima.

O ensino, unha profesión paradóxica

Acorde con esta clasificación recollo a seguinte viñeta de El Faro, na cal se mostra a situación que viven os docentes, dende os que pasan de todo e se manteñen como vítimas das innovacións e dos cambios e aqueles que son conscientes da necesidade de innovación.


O profesor hoxe

A tenor da importancia de formar a un profesorado consciente das necesidades analizo o artigo O profesor hoxe,no blog do mesmo nove recollo tres aspectos claves que deben ter os docentes. En primeiro lugar, ser conscientes da singularidade dos alumnos e da súa propia, sendo bo a realización de autobiografías educativas, as cales contribuirán a formar a identidade docente. Outro piar importante do docente actual é a coparticipación, o traballo de forma conxunta cos seus compañeiros, sendo o diálogo un feito clave na relación cos pares. Este feito, tamén contribuíra a asentar e formar a identidade docente. Por último e non menos importante débese ter en conta a importancia de ser prudentes e reformular a educación respondendo a dúas preguntas básicas, que ensinar e como facelo.

Comunicación educativa 

Volvendo a incidir na importancia do diálogo, no blog a Comunicación educativa, reflexiono sobre a importancia do mesmo no proceso de ensino e aprendizaxe, así como na interacción cos pares.

Para analizar de xeito máis xeral  a situación presente na docencia na actualidade, recollo os seguintes blogs e arquivos.

Os docentes

Iniciarse na tarefa docente

A función docente

Feminización docente

illamento profesional docente

O regreso dos profesores

Intelixencia emocional

La resilencia

En cada un destes blogs abordo un tema determinado entorno á docencia. En liñas xerais incido na importancia da renovación permanente e dicir, non quedarse coa formación inicial senón que, ampliar os coñecementos ao largo da vida.

Por outro lado, reflexiono sobre a problemática que presenta a formación inicial encanto á maior importancia ou menor da teoría ou da práctica. Neste senso, é preciso incidir na importancia de equilibrar a formación teórica e práctica.

Tendo en conta a importancia da formación inicial, dedico un apartado específico ao profesorado novel e ao papel que ten a interacción co resto dos compañeiros, como medio de axuda para contribuír a mellorar a incursión  no mundo laboral. A formación así mesmo debe ter en conta a importancia de responder e formar aos docentes nas funcións que deben cumprir, para deste xeito evitar os conflitos que se presentan no primeiro emprego.

Unha característica da docencia na actualidade é o aumento considerable da feminización neste eido, sobre todo nos niveis máis baixos do sistema educativo. Así como o problema do illamento docente, neste punto reflexiono sobre a importancia da cooperación e do traballo colexiado para evitar os posibles casos de balcanización que se poden producir nos centros escolares.

A resiliencia e a intelixencia emocional son dous aspectos moi recalcados en canto ao que busca a formación inicial, centrados, na autonomía ou a creatividade, entre outros aspectos.

Ao largo de todo este análise fun facendo referencia á identidade docente, como un proceso de construción paulatino que se inicia na formación inicial e que se mantén ao largo da vida. Tendo en conta isto, reflexiono sobre o presente termo de forma individualizada no seguinte blog.

A identidade docente

En canto ao regreso do profesorado, é moi interesante reflexionar sobre os cambios que se presentaron no último século, deste maneira considero preciso introducir o seguinte blog no cal analizo a crise da profesión docente.

De onde vén a crise da profesión docente?

Para entender mellor a que nos estamos a referir recollo un extracto da reflexión que realizo na presente entrada. A cal resume de xeito xeral os distintos aspectos que analicei ao largo desta páxina centrándose na importancia de adaptarse ás necesidades.

É por tanto a crise un problema educativo ou é o xerme dunha mellora necesaria?

 

Neste senso abordar a profesión docente como eixe fundamental do cambio e da mellora educativa é vital para entender e salientar a importancia dos docentes. Ter en conta este feito é importante para abordar a necesidade dunha lexislación educativa única que faga posible unha continuidade nas políticas educativas, facilitando deste xeito a labor dos profesionais. Por outro lado, ter en conta a sociedade actual e as necesidades que esta presenta é de vital importancia para todo docente que queira que os seus estudantes aprendan non só na escola, senón tamén cos distintos recursos existentes no contexto social.

Potenciar a formación permanente é así mesmo unha peza clave que toda sociedade do século XXI,a cal se debe apoiar, mellorar e considerar como eixe fundamental da formación do profesorado.

O papel dos medios de comunicación é, así mesmo, un feito clave para mellorar a profesión docente é fomentar unha nova visión da importancia deste colectivo. Que o sitúe no nivel de importancia que ten, posto que un docente é a peza clave na formación de toda a sociedade, así como a pegada que este pode deixar nas nosas vidas, como analizamos noutra sesión, é fundamental na nosa concepción da ensinanza así como na nosa propia evolución persoal. Debido a isto, non podemos deixar de lado a importancia desta profesión, unha profesión clave na evolución da sociedade.

Por tanto, a crise non debe entenderse como un  problema, senón como unha solución, como unha innovación, como o punto de partida da educación que queremos ter. Ser conscientes dos cambios, adaptarnos a eles, e facerlles fronte, son as pezas fundamentais que deben posuír os profesionais da ensinanza na sociedade do coñecemento na que estamos inmersos.

 

"A ser docente apréndese traballando, equivocándose"

"Aprendese a ser mestre resolvendo problemas" (Fernández,L.,Martínez, A. e Jimenez, E.,2013)