6. AXUDA NA COLOCACIÓN DAS PEZAS LEGO: Colaboración

Despois da compresión e distinción dos distintos modelos de pezas de LEGO de Orientación e Asesoramento, hai que comezar coa colocación das mesmas e, para iso, será tarefa imprescindible a colaboración, pois un só non é quen de conseguir mover as pezas, colocalas no lugar axeitado e fixalas como se deben fixar, sendo polo tanto necesaria a interrelación entre as persoas que teñen un obxectivo común.

                                                  

Por conseguinte, o primeiro que compre facer é, de maneira colaborativa, establecer que é o que un entende por colaboración e, como se posibilita esta.


Colaboración

http://stellae.usc.es/red/file/view/45805/colaboracin

Como pode verse no arquivo anterior, é necesaria a compañía, o intercambio de pareceres, a axuda e o apoio mutuo, pois estes enriquecen, sen dúbida algunha, o proceso educativo, polo que é preciso sacar man das cámaras de fotos para, salvagardar todas estas fermosas imaxes.

                                       

Non obstante, como sabemos, a colaboración non sempre se acada de xeito satisfactorio entre os distintos axentes educativos pois, hai certos pensamentos que impiden que o verdadeiro proceso colaborativo se leve a cabo.

Pensamentos sobre os mestres

http://stellae.usc.es/red/file/view/45474/pensamento-sobre-os-mestresas

Así, o arquivo anterior, ademais de para servirme de contextualización do que os mestres pensan de nós (orientadores) e o que nós (orientadores) pensamos dos mestres tamén me serviu para que en min xurdise a curiosidade de querer saber máis sobre as culturas de traballo que propón Hergreaves.

 

Reflexións persoais sobre as culturas de traballo propostas por Hargreaves.

 

Individualismo

  •   Illamento
  •   Teito para o perfeccionamento
  •   Protección contra interferencias externas

 Balcanización

  •   Cidades estado
  •   Incoherencias
  •   Lealtades e identidades ligadas a grupos concretos
  •   A totalidade é menor que a suma das partes 

 Mosaico móvil

  •    Limites difuminados
  •   Categorías e pertenza a grupos entremezclados
  •   Flexible, dinámico, con capacidade de resposta
  •   Inseguro, vulnerable e controvertido

 Colexialidade artificial

  •  Estratexia para crear a colexialidade
  •   Estratexia para impoñer e controlar a colexialidade
  •   Procedemento administrativo
  •   Simulación segura
  •   Instrumento que pode suprimir o desexo

 Cultura de colaboración

  •   Coparticipación, confianza, apoio
  •   Fundamental para o traballo cotiá
  •   A estructura familiar pode levar consigo un tipo de liderazgo paternalista ou maternalista
  •   Traballo conxunto
  •   Perfeccionamento continuo


E, tendo moi recente o prácticum II da Licenciatura de Psicopedagoxía, neste senso, creo que estou en condicións de facer unha valoración sobre o tipo de cultura de traballo que se desenvolvía no centro onde estiven a facer as prácticas, concretamente no C.E.I.P. A.D.R. Castelao de Ordes. Este era un centro bastante grande, con liña 3, o cal na actualidade tiña escolarizados as 520 alumnos/as e, contaba con 41 mestres en plantilla. A maioría destes últimos eran definitivos no centro polo que se coñecían ben xa de anos anteriores, algo que considero que fai que as relacións entre eles sexa boas, favorecendo así que haxa unha actitude de compromiso, confianza e preocupación conxunta polo progreso de todo o alumnado escolarizado. Non obstante, ademais de apreciar certo clima colaborativo, tamén se apreciaba, pero en un grupo moi reducido de persoas, certa cultura individualizada, sobre todo en dúas das mestras máis maiores do centro, pois estas non estaban pola labor de andar ao ritmo dos demais compañeiros de centro polo que, este contraste de culturas de traballo, foi o que me permitiu comprender mellor a importancia que ten traballar colaborativamente nos centros, en torno a búsqueda do propósito común de mellorar os procesos de ensinaza-aprendizaxe e, por conseguinte, mellorar a calidade da educación.