2.4. Verde

2.4. Verde

Última actualización de en Yolanda Ares Comba

A cor verde representa o crecemento, a fertilidade. Ademais esta cor posúe unha numerosa variedade de tons.

Estas características fana a cor perfecta para denominar a actividade acerca dos modelos de asesoramento. Primeiramente porque ó igual que a cor moitos son os modelos de asesoramento existentes, e por outra banda con esta actividade prodúcese o crecemento dos meus coñecementos en torno a temática do asesoramento, porque se ven coñecía os distintos modelos de orientación, descoñecía por completo os modelos de asesoramento.

Para coñecer un pouco máis acerca dos modelos de asesoramento realicei nas primeiras semanas a lectura do capítulo 4. Modelos de asesoramiento: de la intervención a la colaboración recollido en Las claves prácticas del asesoramiento para innovar, onde Nieto (2001) nos distingue tres modelos de asesoramento definidos polo grado de autonomía profesional: intervención, facilitación e colaboración. Esta lectura suscitou en min unha serie de ideas que aparecen recollidas na seguinte entrada.

Modelos de asesoramento