2.4 Plan de Parto (O currículo)

2.4 Plan de Parto (O currículo)

Última actualización de en REBECA

Semana a semana, os meses van pasando e así chegamos á semana 30 de embarazo.

Todo marcha sen problemas e a matrona proporcioname o Plan de Parto para que o vaia lendo, revisando e completando coas miñas preferencias para que chegado o día todo se desenvolve segundo as miñas preferencias.

Que é entón o Plan de Parto?

Falamos dun documento que informa sobre o proceso que se leva a cabo durante o desenvolvemento dun parto e que dá opción á nai de escoller certas singularidades como especificar se quere estar acompañada e con quen, se prefire ela e o bebé usar roupa propia ou do hospital, se quere que lle coloquen o bebé encima do peito nada máis nacer...Senón se presenta este documento o hospital pode actuar co protocolo normativo de partos que teña redactado sen prestar atención ás preferencias das nais e pais.

Recórdame a algo este documento no ámbito educativo?

Pois ben, se nos centramos no ámbito educativo debemos sinalar un documento ou plan que marca as pautas educativas a seguir, que concreta os coñecementos que se deben dar, etc. Estamos a falar do Currículum.

No seguinte documento fago un achegamento máis profundo a este concepto e a súa tipoloxía.

O CURRÍCULO

Visible/invisible

 Navegando pola rede atopei unha imaxe que, nun primeiro momento ten como obxectivo facer fincapé no traballo dos mestres á hora de dar significado aos contidos a min levoume a pensar no currículo.........o visible e o invisible: o real e o oculto.

 

visible/invisible

 

Finalmente deixo o enlace do traballo grupal sobre a Técnica da 3P

http://stellae.usc.es/red/blog/view/46962/tcnica-das-tres-p