3. Comprender e redireccionar as prácticas de asesoría, un punto de inflexión e de "unión"

Como comentei na introdución, este artigo supuxo un punto de inflexión na miña aprendizaxe e é, polo tanto, merecedor dun bloque propio. Este autor consegue aunar determinados elementos que se poderían considerar "exclusivos" do estudo do asesoramento, sempre co matiz de que resulta complicadísimo illar esta práctica, tales como os modelos ou a súa evolución ó longo da historia, con outros que só cobran sentido se situamos esta práctica no marco da educación, abrindo numerosas liñas de debate sobre as que reflexionarei no bloque seguinte.

Comprender y redireccionar las prácticas de asesoria, Jesús Domingo Segovia

Comprender y redireccionar las prácticas de asesoria, Jesús Domingo Segovia

Comparto aquí este documento no que reflexiono acerca de diferentes temas do artigo de Domingo Segovia que se foron debatendo na sesión da técnica do acuario. Este archivo está estruturado en dúas partes, unha na que sintetizo as ideas que aparecen explícitas no texto, e outra na que trato de ir máis alá recollendo os pensamentos propios e doutros autores ao respecto dalgúns dos temas do texto. 

Na sesión da técnica do acuario, mediante a que traballamos este texto na aula, xurdiu a cuestión de que ferramentas son aquelas que levaríamos na nosa mochila como asesores e asesoras. A responder a este pregunta dedico o próximo bloque.