12. O RESULTADO FINAL!

12. O RESULTADO FINAL!

Última actualización de en Carla Rodiño Otero

O resultado final

E... chegados a este momento... podo mostrar orgullosa o traballo que meses e meses nos costou rematar, o noso rañaceos, con todo o seu interior finalizado e cun resultado final moito máis satisfactorio do que nun primeiro momento nos esperábamos. Iso si, grazas a un traballo conxunto.

Agora ben, o proceso non acaba aquí, xa que como o noso rañaceos será utilizado con fines turísticos debemos revisalo continuamente para calquera incidencia que poida surxir.

Isto ocorre tamén no asesoramento. É dicir, nos estamos neste momento cursando o 5º curso da Licenciatura de Psicopedagoxía, e preparándonos para, nun futuro poder traballar como asesores e asesoras, pero o noso camiño formativo non remata aquí, xa que día a día, ano tras ano, temos que ir actualizando os nosos coñecementos para estar ao corrente de novas metodoloxías de traballo, de novos problemas e solucións, e, polo tanto, estar en continuo cambio e evolución á par da sociedade que nos rodea.

O que si me gustaría que cambiase, e niso temos moito que ver os que nestes días estamos a elaborar as nosas páxinas finais en Stellae, é na clarificación do concepto e funcións dos asesores, xa que a pesares de estar establecidas por Lei, considero que é algo que non todo o mundo ten claro, e todavía nos seguimos plantexando esa pregunta de é o mesmo Asesoramento que Orientación? Eu hoxe, debido ao meu paso por esta materia podo dicir que coñezo a diferencia entre ámbolos dous termos.