2.6. Atención individualizada do bebé

2.6. Atención individualizada do bebé

Última actualización de en REBECA

As semanas foron pasando e quédanme máis ou menos dez para poder verlle a cara a miña pequena Lía. Sei que vai ser especial, pero non porque sexa a miña filla senón porque teño claro que cada un de nós é especial, coas súas características físicas e psíquicas, sei que ninguén é igual a ninguén aínda que comparte lazos sanguíneos ou medren no mesmo medio cultural e social.

Por isto mesmo sei que cando o meu ventre desexe dar a luz ao ser que leve dentro deberei amoldarme a ela, ás súas características e peculariedades, desde o seu nacemento, na súa infancia... e intentar, como nai, ofrecerlle os recursos e situacións que favorezan o seu óptimo desenvolvemento.

 

No ámbito aducativo sucede o mesmo, debemos intentar dar resposta a tódalas necesidades que o alumnado presente, sexa cal sexa a razón: sexo, enfermidade, situación familiar ...

Como xa dixen anteriormente, a miña filla non será igual a nadie, xa que, cada quen presenta uns rasgos físicos e de personalidade propios, ademais de pertencer a unha familia e a un contexto determinado polo tanto, temos que ser conscientes da diversidade existente na actualidade.

Desde o sistema educativo débese dar resposta a toda esa diversidade e as necesidades que ela presenta para poder dar igualdade de oportunidades a toda a poboación.

No seguinte documento fago un achegamento ao que se entende por Atención á Diversidade e seguidamente tento ilustrar os niveis de afectación das Adaptacións Curriculares, ese medio ou ferramenta do que dispoñemos para poder levar a cabo cada achegamento e remedio das necesidades persoais existentes no medio educativo.

 

ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

 

Acercándonos ás Adaptacións curriculares..................

 

Por último, recollín tamén no meu blog a " Ley General de derechos de las personas con discapacidad y de su inclusión social" xa que saíu recentemente e penso que son aspectos que están á orde do día e que debemos ter en conta para elaborar as adaptacións curriculares e responder de forma satisfactoria ás demandas do noso alumnado.

Ley General de derechos de las personas con discapacidad y de su inclusión social.

http://www.boe.es/boe/dias/2013/12/03/pdfs/BOE-A-2013-12632.pdf

Neste enlace podedes atopar a Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, unha lei que foi aprobada fai tan só uns días e que penso que debemos ter moi conta na nosa labor como psicopedagogos/as á hora de traballar no ámbito da educación especial.

En dito decreto, sinálanse os principios sobre os que se asenta esta lei e faise eco da igualdade de oportunidades, o dereito a educación...

Creo que para elaborar as Adaptacións Curriculares debemos ter presente este documento e o seu apartado sobre necesidades educativas.