T4.Cuarto tentáculo: Funcións

T4.Cuarto tentáculo: Funcións

Última actualización de en Sandra Seijo Cajaraville

T4

CUARTO TENTÁCULO;  AS FUNCIÓN DUN ASESOR/A

 

Ata o momento, coñecemos do noso amigo e compañeiro Manolo, tres dos seus oito tentáculos. Estes pretenden deixar claro o que entendemos por asesoramento, cales son as similitudes e diferenzas coa orientación e como  esta nos poden  beneficiar, e tamén  un achegamento aos diferentes modelos da nosa labor para clarificar  un pouco  a nosa posta en marcha, pero … ¿Sabemos todos cales son as funcións que  debemos desenvolver? E o resto dos profesionais que nos rodean, ¿ saben cales son? Este pequeno pero gran amigo tentáculo, pretente amosarnos as  funcións que  leva escritas  nas súas  ventosas, así como uns principios das mesmas,   como  son os de Bolívar(1997), segundo os cales o  asesor escolar debe;

 

-          Traballar con, en lugar de intervir en.

 

-          Desenvolver máis que  aplicar.

 

-          Actuar como mediador e enlace.

 

-           Asumir e practicar a arte de facerse prescindible sen que desapareza o “orientado”, empuxe innovador do centro.

 

Non debemos esquencer que a nosa labor  de asesoramento  se centra en parte a órganos de dirección e xestión, ao profesorado, aos alumnos e familias…  Deste xeito hai que ter claro cales son as nosas responsabilidades, tarefas  e  o noso lugar. Ademais de procurar que o resto de profesionais  coñeza  a nosa tarefa, pois como dí  Basseda “el desconocimiento genera desconfianza que sólo se puede vencer a través de este conocimiento mutuo” (Bassedas, 2007,pp55 ) No presente documento, faise  unha achega do saber  de este tentáculo, co  fin de clarificar  e ter ver cal é o noso lugar  e rol.


Funcións dun asesor ou asesora.Funcións dun asesor/a.