V. Conclusións e valoracións.

V. Conclusións e valoracións.

Última actualización de en Sandra Seijo Cajaraville

Conclusións e valoración                       Conclusións e valoración.


 E aquí o temos. Coñecemos a Manolo, o polbo asesor,  e con él os seus tentáculos, órganos sensitivos a vez que órganos de alimentación e sabiduría. Estes nos permitiron adentrarnos nos entresixos  que  conleva a labor do asesor e asesora. Polo tanto, hai que ter claro, que é o asesoramento,  cales son as diferenzas e as similitudes entre  o asesoramento e  orientación, os modelos dos mesmos, as funcións que un bo asesor debe  cumprir   e transmitir ao resto de profesionais, que debe saber colaborar e  este ser un dos seus obxectivos primordiais, debe ademais,  posuír unha batería de técnicas, ser  capaz de  enriquecerse tanto das súas  experiencias como das dos seus compañeiros, e ante todo, debe ser capaz de adaptarse ao medio, e, como consecuencia, facer as adaptación e modificacións pertinentes.

 

 Deste  xeito, e con todos estes saberes, habilidades, capacidades e destrezas, Manolo é capaz de facer a súa maxia  baixo a  auga e elaborar así  a súa tinta; os seus  proxectos, intervencións, actuacións… O que en esencia  é Manolo.

 

Así pois, este animal mariño, cefalópodo, con unha gran intelixencia, memoria  e capacidade de aprendizaxe, soe  pasar desapercibido, e moitas veces ignorado e infravalorado polo resto de peixes que  convive no mesmo  mar  ca  él. Algo similar, ao que lles pasa  a  moitos asesores nos seus centros e en consecuencia na comunidade educativa

 

Polo tanto,   son máis  as similitudes que nos  unen a este  molusco chamado Manolo, que as que nos diferencian  de él.

 

Para min,  Manolo recolle perfectamente  o que é  un asesor, así como os saberes que debe posuír, tales como;  “saber”,“saber hacer”, “saber estar”, “saber ser”.

 

Deixando de lado este tremendo persoaxe, me gustou moito elaborar  este portafolios que  fala sobre él. Permitiume ordear os saberes que traballamos na clase  desta  materia e sopesar a súa  importancia  no noso futuro laboral.  Articulalos, identificalos e  crealos, resultoume  algo complexo polo descoñecemento  do  cal eu partía sobre o tema.  Seguindo por este fío, debo dicir, que no tocante  as clases  practicas e teóricas,  as veces tiven a  sensación de que  non soupemos pornos na  pel dun asesor. Non  me gustou a sensación que percibín algunhas veces, pois as veces parecía que estabamos nunha clase de maxisterio. Nos debates, e intercambios de opinións, puiden observar  como o posicionamento da gran maioría   era  o da  figura do mestre, e non de asesor  do centro e do profesorado. Debo dicir, que iso foi algo que me molestou profundamente. A esta carreira acceden, persoas que non son mestres nin teñen que ver coa formación   regrada, como é o meu caso, que son educadora social, ou  o de outros que acceden de Psicoloxía ou Pedagoxía. Creo que é unha obriga do alumno a hora de formarnos, intententar  poñerse nos zapatos  do futuro profesional  daquilo no que nos   estamos a formar.

 

Deste xeito, e tras esta  sensación que as veces percibín, plantexaseme unha dúbida, ¿realmente estamos valorando esta  profesión se somos incapaces de pornos no lugar dun asesor? ¿Nós? ¿Que pretendemos ser futuros asesores? Eu creo que no. Sinceramente,  unha cousa son as palabras e outra son as accións. Quizais o debín  comentar  nalgunha sesión, pero creo que non houbera servido de nada, pois  ao tratar o tema do profesorado nesta materia, pódese  enfocar por ese lado.

 

Aparcando un pouco a miña sensación,  gustaríame facer unha pequena  crítica aos creadores dos horarios deste ano. Nunha  facultade de ciencias da educación, onde se fala da calidade da ensinanza, e na que se nos remarca continuamente que para un bo rendemento do alumnado, aquí e en calquera outro centro, as clases non deben superar as dúas horas de docencia, ¿como é posible que se  fagan clases de  tres horas? Houbo días en que   tivemos descanso, porque a profesora así o decidiu, pero outros moitos que non. Aquí é onde, baixo o meu punto de vista, se volve a meter a pata. Se se transmite a  mensaxe, de que hai que realizar descansos cada dúas horas porque  a atención, rendemento e concentración diminúen, ¿porque na práctica non o levamos a cabo? Esta  é outra das preguntas que quedarán no aire.

 

Deixando sensacións e criticas  organizativas aparte , centrareime un pouco  máis no desenvolvemento  desta materia ao longo deste cuadrimestre. Nun primeiro momento presentáronsenos as tarefas e a súa plataforma dixital, na cal deberíamos traballar.  A primeira vista, non me fixo moito gracia. Agora, crease unha plataforma para todo, e o alumnado acabo  con contas en varios sitios e xa non sabe  a cal pertence cada  cousa. Por esta razón, pensei que sería unha das miles de plataformas que se crean e, terminada a docencia, desaparecerá a metade da xente dela e perderá parte de utilidade. Tras o seu uso, debo dicir, que o seu  manexo non é nada complexo, e que o uso do blog serve para enriquecer os coñecementos desta materia. No meu perfil de Stellae, por temor de que se me desconfigurasen os formatos que lle daba as miñas entradas, decidín subilas a ariquivos. Persoalmente creo que o uso do blog foi lucrativo pata todos. A posibilidade  de ler varios blogs e poder compartir saberes sobre  un tema que nos  compete, foi máis  proveitoso do que pensaba.

 

            No referente aos contidos, boto en falta que sexan mais precisos. A forma de traballar, “learning by doing”, abriunos a  posibilidade de crear o noso  propio coñecemento, buscando, lendo e seleccionando aquilo que nos parece relevante. Pero  corremos o risco  de non ser capaces de atopar a raíz e o núcleo do tema ou que nos poidan faltar información e datos relevantes. A veces, os temas eran tan amplos e  xerais que  botei en  falta a concreción dos  mesmos. Unha gran pega e que  o traballo e a implicación, a veces púidose ver repercutido por outras moitas responsabilidades que  poden ter os alumnos e alumnas, que  nos puideron impedir levar o blog ou os contidos ao dia.

 

            No tocante aos contidos, como se poden  ver  nos tentáculos en  Manolo, puidemos tocar  grandes ámbitos que nos  permitiron ter unha visión xeral do que é  un asesor ou asesora. Todos eles foron tratados de forma diferente, o que nos enriqueceu en certa medida

 

 Sen dúbida  o que máis me gustou foi crear a “Manolo, o polbo asesor”, permitíndome   organizar e revisar coñecementos,  podendo amosalos dunha  forma  clara, esquemática e sinxela, a parte de moi visual.

 

 Facendo unha autoavaliación sobre min e sobre a miña  labor, creo que nas sesións de clase puiden haber contribuído moito máis do que o fixen, pero tamén debo  dicir, que non a todo o mundo lle gusta, nin todo o mundo se sente cómodo falando ante un grupo numeroso de xente. A min, persoalmente, me gusta escoitar e sacar as miñas propias conclusión, que a veces  comparto e  outras non. Eso xa  é responsabilidade de cada un. Incidimos na participación, pero a veces, escoitar e reflexionar tamén se pode entender como participar, pois nos comunicamos de moitas maneiras.

 

 Para finalizar,  e  facendo unha reflexión debo dicir que  puiden sacar esa   espiña cravada da que falaba o comezo do portafolios, pero quédame unha  pequena ferida que me pide a gritos  seguir  mergullándome neste mar para que  poida cicatrizar, e sentirme sá e preparada para a travesía.