Brétema Parras Vázquez

"Vive como si fueras a morir mañana, aprende como si fueras a vivir siempre"- Mahatma Gandhi

Gato e Can e a Competencia dixital

Na nosa curta, Sandra, Silvia máis eu, presentamos a dúas personaxes con diferentes competencias dixitais: unha tenas moi boas e outra non tanto.  Ambas reciben un correo para unha entrevista de traballo na empresa Super Power onde se atenderán tanto ás competencias dixitais de cada candidata ao posto como aqueles aspectos relacionados coa súa identidade dixital.
Para levar a cabo este traballo decidimos outorgarlle o protagonismo a dúas actrices moi peculiares: Puppy e Zara, unha gata e unha cadela, para xogar coa confusión do espectador ao comezo até que se desvelan as verdadeiras identidades das donas das mascotas cun toque de humor.