A “Maleta de emerxencias pedagóxicas” é un proxecto de Aprendizaxe-Servizo relacionado coas materias Deseño e Avaliación de materiais didácticos, impartida por Jesús Rodríguez Rodríguez e Antía Cores (membros do grupo Stellae) e Pedagoxía Hospitalaria, impartida por Yésica Teijeiro Bóo (membro do grupo SEPA), do 4º curso do Grao en Pedagoxía.

Trátase dunha iniciativa nova, única en Galicia, na que o alumnado de Pedagoxía deseña diferentes materiais, xogos e actividades, especialmente pensados e estudados para os pacientes pediátricos da aula hospitalaria do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, en coordinación coa súa mestra Pilar Porta.

O pasado luns 14 de xaneiro presentáronse os diversos materiais que integran esta peculiar maleta, os cales están centrados en temáticas como a música; a identificación e control das emocións; o hospital e os distintos espazos e profesionais do mesmo e o contexto, a contorna ferrolá.

A árbore dos soños, o Memo-hospi, O dado das emocións, Os teus dereitos peza a peza, Eu son igual ca ti, Quen é quen en Ferrolterra, Adiviña o que ves e Afrontando os medos, son os oito proxectos que quedan a disposición dos nenos e nenas da aula Prioriño.

Para coñecer máis información sobre este proxecto podedes consultar as redes sociais do mesmo:

Así como as diferentes noticias que saíron na prensa estes últimos días: