Please enable JS
  • slider21.jpg

Despacho: 29

Extensión: 13942

 ORCID0000-0001-6372-6851

E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Dirección: Rúa Xosé María Suárez Núñez. (C.Sur) 15782  Santiago De Compostela (A Coruña)

 

 

Licenciada en Pedagoxía (2011) na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Completou a súa formación con Psicopedagoxía (2013) e co Máster Universitario en Procesos de Formación (RD 1393/2007) cursando a especialidade de Innovación e Calidade (2013) e cun Traballo Fin de Máster sobre o ensino con novas tecnoloxías que marca un percorrido que prosegue na actualidade.

Tras un ano de axudante en investigación cunha bolsa dentro do proxecto "Fortalecemento institucional de áreas dedicadas ao ensino universitario con novas tecnoloxías" (2012), e de gozar  dunha bolsa prodoctoral da Xunta de Galicia, actualmente atópase contratada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a través do seu programa de Formación de Profesorado Universitario (FPU 2013) pola que se atopa desenvolvendo a súa actividade investigadora dentro do grupo Stellae e realizando a súa tese centrada no estudo da ?Ensino con redes sociais académicas e aprendizaxe autorregulado en alumnos universitarios: Estudo de casos?. A formación compleméntase coa asistencia e participación en xornadas, congresos, cursos e seminarios que teñen como obxecto as tecnoloxías nos distintos niveis educativos ademais da realización de estancias de investigación na Universidade de Oulu (Finlandia) e no Instituto de Tecnoloxía e Didáctica de Xénova (Italia). Participa tamén en proxectos de carácter nacional e europeo que teñen principalmente como eixo a tecnoloxía e a didáctica. 

 

Volver a Integrantes