Please enable JS
  • slider21.jpg

Almudena Alonso, membro do grupo  Stellae,  obtivo un dos premios extraordinarios de doutoramento    do curso  2016/17 outorgados pola Universidade de Santiago de Compostela. Estes premios divídense en 5 áreas, sendo unha delas a de Ciencias Sociais e Xurídicas, onde se atopa situada a tese que se presentaba e que levaba por título "Competencia dixital e escola. Estudo de caso etnográfico en dous CEIP de Galicia"

A iso súmase obter un premio anterior: I Premio á Mellor Tese Doutoral no ámbito da Tecnoloxía Educativa outorgado pola Rede Universitaria de Tecnoloxía Educativa ( RUTE).

A tese, dirixida por  Adriana  Gewerc,  busca describir, coñecer e comprender os procesos de apropiación que se producen nos centros educativos de Galicia por mor das disposicións legais do currículo da educación primaria (Decreto 130/2007), especialmente aquelas referidas á competencia dixital. Na súa investigación Almudena Alonso atopou elementos  disruptivos que mobilizan aos actores escolares, “o que favorece o  cuestionamiento sobre a propia práctica, aínda que sen chegar a xerar unha transformación da mesma”.

Parabéns Almudena.