Please enable JS
  • slider21.jpg

Desde hai uns anos, unha das liñas de investigación abertas no Grupo de Investigación Stellae puxo o foco nos videoxogos, xogos serios e gamificación. Recentemente algúns destes traballos foron recollidos por empresas do sector en Estados Unidos. Os traballos que se citan, desenvolvidos por Fernando Fraga-Varela, Esther Vila-Couñago, Ana Rodríguez-Groba e Esther Martínez, teñen que ver co impacto no rendemento matemático en Educación Primaria co uso deste tipo de propostas: https://doi.org/10.3916/C69-2021-10

Tamén se cita unha investigación desde unha perspectiva de xénero. https://doi.org/10.3390/su13126586

A empresa que recolle estes traballos desde a súa web é Explorelearning. https://www.explorelearning.com/resources/insights/dr-fernando-fraga-varela-reflex-spain

Trátase dunha empresa especializada no desenvolvemento de solucións de software educativo cun alto grao de presenza nas escolas do país nos diferentes niveis de escolarización obrigatoria. Pertence a Cambium Learning Group (https://www.cambiumlearning.com ) que integra propostas como Kurzweil Education e Lexia entre outras.

 

children-593313_1280.jpg