Please enable JS
  • slider21.jpg

O profesor Jesús Rodríguez, membro do Grupo Stellae, presentou o pasado martes día 19 de xaneiro, no Concello de Vedra, o VII Seminario Obradoiro Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos, que terá lugar o 19 e 20 de febreiro de 2016, no CPI Plurilingüe de Vedra (A Coruña), co tema Rede e tecnoloxía: Desafíos educativos en comunidade. Que pasa coas redes sociais? Que ocorre coas tecnoloxías?

Á presentación tamén asistiron o alcalde de Vedra, Carlos Martínez, o director do CPI Plurilingüe de Vedra, José Viaño e o edil de educación, Manuel Costa.

Enlace coa nova en El Correo Gallego.

Programa do Seminario e máis información.