Please enable JS
  • slider21.jpg

O concello de Friol promove un premio de investigación. Este premio que leva por nome Concello de Friol, vai destinado a distinguir traballos de investigación histórica, cultural e etnográfica do municipio. 

 Esta iniciativa conta coa participación dun dos membros de Stellae, Jesús Rodríguez Rodríguez e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, que xunto con outros representantes locais, acudiron á presentación do concurso. 

 Como sinala a prensa local Os traballos, escritos en galego e cunha extensión que non poderá ter menos de 50 folios nin máis de 400, deberán enviarse ao consistorio friolense ata o 15 de xullo.

 A dotación do primeiro premio é de 2000 euros, e a do segundo de 500 euros. 

  Máis información en:  http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/friol/2016/02/01/friol-crea-premio-investigacion/000314543266816531173