Please enable JS
  • slider21.jpg

Ángela González-Villa, investigadora predoutoral do Grupo de Investigación Stellae, realiza unha estadía internacional no Centro de Investigación de Impacto Educativo (REDI) baixo a supervisión de Julian Sefton-Green. En concreto, no Centro de Excelencia do Consello Australiano de Investigación para o Neno Dixital, do que é director. A primeira institución do mundo dedicada ao estudo da infancia dixital e o deseño de propostas formativas acordes con esta realidade.

thumbnail 1000006493

A estadía comezou o 12 de setembro e terá unha duración de tres meses. Está financiado polo Ministerio de Universidades a través do programa Estadías Breves asociado ao seu contrato predoutoral de Formación do Profesorado Universitario (FPU).

O obxectivo da estancia é elaborar a estratexia e comezar coa análise dos datos recollidos durante o traballo de campo da tese de doutoramento que trata a construcción da subxetividade adolescente nas prácticas de exposición de Instagram e TikToK. Ademais de participar nos proxectos de investigación do centro receptor e en seminarios sobre os eixos teórico-metodolóxicos da tese de doutoramento.

pro t1jQVg7P 1