Please enable JS
  • slider21.jpg

Dous membros do Grupo de Investigación Stellae, Jesús Rodríguez e Denébola Álvarez, participaron o día 14 de Outubro no “VII Congreso nacional e II internacional de Aprendizaxe-Servizo universitario (APS-Ou7)” focalizado na  consolidación do aprendizaxe-servizo como práctica e como filosofía de traballo nas universidades españolas.

A súa achega mediante o traballo titulado “A elaboración de bancos de recursos como ferramenta formativa e profesionalizadora: O caso da elaboración da guía de recursos didácticos sobre o Camiño de Santiago de Compostela” ten como obxectivo atender e difundir a cultura e o patrimonio, tanto material como inmaterial, que achega o Camiño de Santiago e que se presenta en diferentes formatos: materiais impresos e en soporte interactivo, DVD, xogos, xornadas, prensa, etc.

O devandito traballo foi elaborado ao longo de dous anos en colaboración co alumnado do Grao en Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e coordinado polos profesores do Departamento de Pedagoxía e Didáctica: Jesús Rodríguez Rodríguez e Raquel Mariño Fernández.